Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Luns, 21 de xullo de 2014 Páx. 31983

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Poio

ANUNCIO de aprazamento da publicación de resolucións.

Por non ter sido posible a resolución de alegacións e aclaracións presentadas aos pregos que rexen a contratación da xestión do servizo público de recollida de RSU, limpeza viaria e de contedores no termo municipal de Poio e a correspondente publicación das resolucións no perfil do contratante prevista para o día 15 de xullo de 2014, segundo se indicaba no anuncio publicado no BOP, DOG e perfil do contratante o día 27 de xuño de 2014, a Xunta de Goberno Local acorda o día 14 de xullo de 2014, un aprazamento de dez días hábiles para a publicación das resolucións no perfil do contratante, que se realizará o vindeiro día 28 de xullo de 2014.

Como consecuencia do dito aprazamento, o prazo de presentación de proposicións rematará o día 2 de setembro de 2014.

Poio, 15 de xullo de 2014

Luciano Sobral Fernández
Alcalde