Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Luns, 21 de xullo de 2014 Páx. 31984

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación de Vigo

ANUNCIO da convocatoria do Plan de desenvolvemento tecnolóxico-TIC cámaras, de apoio á incorporación das TIC nas pemes.

As cámaras oficiais de comercio, industria, servizos e navegación da Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela, Tui, Vilagarcía de Arousa e Vigo abren, mediante a correspondente convocatoria pública de axudas, o prazo para a presentación de solicitudes de participación no Plan de desenvolvemento tecnolóxico-TIC cámaras, financiado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) da Unión Europea (80 %).

O programa permite á empresa o desenvolvemento subvencionado de plans individuais de apoio á incorporación de TIC, para a integración da cultura TIC nas súas estratexias de actuación.

A empresa contará cun asesor tecnolóxico que a guiará no proceso e con outras accións complementarias de reforzo sobre as posibilidades das TIC nas pemes.

As convocatorias de axudas, publicadas polas cámaras de comercio para as súas respectivas demarcacións, así como o modelo de solicitude de participación, poderán descargarse das seguintes páxinas web:

A Coruña: www.camaracoruna.com

Lugo: www.camaralugo.com

Ourense: www.camaraourense.com

Pontevedra: www.camarapontevedra.com

Santiago de Compostela: www.camaracompostela.com

Tui: www.camaratui.com

Vilagarcía de Arousa: www.camaravilagarcia.com

Vigo: www.camaravigo.com

Vigo, 14 de xullo de 2014

Manuel Fernández Pool
Secretario xeral accidental da Cámara de Comercio de Vigo