Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Luns, 21 de xullo de 2014 Páx. 31861

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (6269/2012).

M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento recurso suplicación 6269/2012, seguido por instancia de Agrupconsa, S.L. contra Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, empresa Francisco Sendón Sestayo e Armando Mirás Martínez, sobre recarga de accidente, se ditou a seguinte resolución:

Decidimos que desestimando o recurso de suplicación interposto pola procuradora Pilar Castro Rey, na representación que ten acreditada da empresa Agrupconsa, S.A., coa asistencia do letrado José Antonio Pérez Fernández, contra a sentenza ditada o 26 de xullo de 2012 polo Xulgado do Social número 4 da Coruña, en autos 943/2008 seguidos por instancia da recorrente fronte a Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Armando Mirás Martínez e Francisco Ángel Sendón Sestayo, sobre accidente de traballo-recarga de prestacións por falta de medidas de seguranza, debemos confirmar e confirmamos na súa integridade a resolución impugnada. Impóñenselle á empresa recorrente as custas do recurso, que incluirán a cantidade de cincocentos cincuenta euros (550 euros) en concepto de honorarios de cada un dos letrados impugnantes do recurso, é dicir, os que actúan en nome e representación do traballador Armando Mirás Martínez, a que representa o Instituto Nacional da Seguridade Social e a que representa a Tesouraría Xeral da Seguridade Social.

Acórdase a perda do depósito constituído para recorrer, unha vez que esta sentenza sexa firme.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e fágaselles saber que contra ela só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 220 e seguintes da Lei reguladora da xurisdición social. En canto sexa firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal e incorpórese ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia. Se a recorrente non está exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

A interposición de recurso de casación na orde social exixe o ingreso dunha taxa no Tesouro Público. Os termos, as condicións e a contía deste ingreso son os que establece a Lei 10/2012, do 20 de novembro, nos artigos 3 (suxeito pasivo da taxa), 4 (exencións á taxa), 5 (devindicación da taxa), 6 (base impoñible da taxa), 7 (determinación da cota tributaria), 8 (autoliquidación e pagamento) e 10 (bonificacións derivadas da utilización de medios telemáticos). Esta lei ten desenvolvemento regulamentario na Orde HAP/2662/2012, do 13 de decembro.

E para que así conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Francisco Sendón Sestayo, actualmente en ignorado paradoiro, con último domicilio coñecido na rúa Federico García, 5, baixo, bq E-3º, A Coruña, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento, expido e asino este edicto.

A Coruña, 20 de xuño de 2014

A secretaria xudicial