Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Luns, 21 de xullo de 2014 Páx. 31858

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (1650/2012).

Tipo e nº de recurso: recurso suplicación 1650/2012.

Xulgado de orixe/autos: demanda 393/2008 Xulgado do Social número 2 da Coruña.

Recorrente: Manuel Allo Fraga.

Avogado: José Manuel Garaeta Díaz.

Recorridos: Fogasa, Auxiliar de Ingeniería, S.A., Vallehermoso División Promoción, S.A.U., Edificaciones Orivan, S.L., Diego Comendador Alonso e Admón. Concursal Edificaciones Orivan, S.L. (Sr. Lorenzo-Rodríguez e Comenda, Carlos Rodríguez Alba.

Avogados: José Luis Jiménez García, Silvia Mañas Cruz e Sebastián Lorenzo Viejo.

M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento recurso de suplicación 1650/2012-RF desta sección, seguido por instancia de Manuel Allo Fraga contra Fogasa, Auxiliar de Ingeniería, S.A., Vallehermoso División Promoción, S.A.U., Edificaciones Orivan, S.L., Diego Comendador Alonso, Admón. Concursal Edificaciones Orivan, S.L. (Sres. Lorenzo-Rodríguez e Comenda, Carlos Rodríguez Alba sobre reclamación de cantidade, se ditou a seguinte resolución:

Resolvemos.

Que estimando o recurso de suplicación interposto polo letrado José Manuel Garaeta Díaz, en nome e representación de Manuel Allo Fraga, contra a sentenza do 4 de outubro de 2011, ditada polo Xulgado do Social número 2 da Coruña, en autos seguidos por instancia do recorrente contra as empresas Edificaciones Orivan, S.L., en situación de concurso de acredores, Vallehermoso División Promoción, S.A.U. e Auxiliar de Ingeniería, S.A., sobre cantidade, en que foi parte o Fondo de Garantía Salarial e Carlos Rodríguez Alba, na súa condición de administrador concursal da empresa Edificaciones Orivan, S.L., debemos revogar e revogamos a sentenza ditada e, con estimación da demanda, debemos condenar e condenamos as empresas Edificaciones Orivan, S.L., en situación de concurso de acredores, Vallehermoso División Promoción, S.A.U. e Auxiliar de Ingeniería, S.A. a que, de forma solidaria, aboen ao demandante a cantidade de tres mil seiscentos sete euros con vinte e sete céntimos (3.607,27 euros), polos conceptos de salarios debidos dos meses de febreiro e marzo de 2008, 8 días de abril de 2008 e vacacións non desfrutadas de 2008, así como o 10 % desa cantidade, en cómputo anual, en concepto de xuros por mora, e o Fondo de Garantía Salarial, dentro do límite das súas responsabilidades legais e en caso de insolvencia das empresas codemandadas, e desestimando a demanda formulada contra Carlos Rodríguez Alba, na súa condición de administrador concursal da empresa Edificaciones Orivan, S.L., debemos absolvelo e absolvémolo dos pedimentos contidos nela, sen prexuízo de que se lle deba notificar a sentenza para os efectos legalmente establecidos.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e fágaselles saber que contra ela só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 220 e seguintes da Lei reguladora da xurisdición social en canto sexa firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal e incorpórese ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do Social de procedencia.

Se a recorrente non está exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

A interposición de recurso de casación na orde social exixe o ingreso dunha taxa no Tesouro Público. Os termos, as condicións e a contía deste ingreso son os que establece a Lei 10/2012, do 20 de novembro, nos artigos 3 (suxeito pasivo da taxa), 4 (exencións á taxa), 5 (devindicación da taxa), 6 (base impoñible da taxa), 7 (determinación da cota tributaria), 8 (autoliquidación e pagamento) e 10 (bonificacións derivadas da utilización de medios telemáticos). Esta lei ten desenvolvemento regulamentario na Orde HAP/2662/2012, do 13 de decembro.

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, e lévese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

Advírtese a parte en ignorado paradoiro de que, no sucesivo, se lle efectuarán as notificacións en estrados, salvo que se trate de autos, sentenzas ou emprazamentos, de acordo co prevido no artigo 59 da Lei de procedemento laboral.

E para que así conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Auxiliar de Ingeniería, S.A., con último domicilio coñecido en avenida de Linares Rivas, 28-32, 6º, A Coruña, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que sexan auto ou sentenza ou cando se trate de emprazamento, expido e asino este edicto.

A Coruña, 13 de xuño de 2014

A secretaria xudicial