Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Luns, 21 de xullo de 2014 Páx. 31856

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 19 de xuño de 2014, da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol, polo que se procede a dar publicidade á Resolución LD-04/2014, da mesma data, pola que se convoca a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de coordinador/a de servizo (SAP Cedeira).

De conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (Diario Oficial de Galicia núm. 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, así como no artigo 3 da Orde do 24 de maio de 2006 (Diario Oficial de Galicia núm. 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 43/2013, do 21 de febreiro (Diario Oficial de Galicia núm. 47, do 7 de marzo), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, e a Orde do 5 de xullo de 2012 (Diario Oficial de Galicia núm. 139, do 20 de xullo), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde,

RESOLVO:

Anunciar a convocatoria, para a súa provisión polo sistema de libre designación, dun posto de coordinador/a de servizo na SAP de Cedeira da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol.

As bases da citada convocatoria estarán expostas no taboleiro de anuncios da Dirección de Recursos Humanos do Complexo Hospitalario Universitario de Ferrol e na páxina web do Sergas (www.sergas.es).

As solicitudes e a documentación anexa que conteña a xustificación dos requisitos e méritos alegados deberán presentarse no Rexistro da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol, dirixidas ao xerente de Xestión Integrada, no prazo de quince días hábiles, contados desde o seguinte ao da data da publicación do anuncio desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, poderán presentarse a través de calquera dos rexistros previstos no artigo 38 da Lei 30/1992, do 2 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Os interesados deberán presentar xunto coa solicitude a xustificación documental dos méritos que aleguen.

Ferrol, 19 de xuño de 2014

Ángel Facio Villanueva
Xerente de Xestión Integrada de Ferrol