Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Luns, 21 de xullo de 2014 Páx. 31863

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (4137/2012).

María Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento recurso de suplicación 4137/2012, seguido por instancia de José María Olarte Zárate contra Fogasa, Electricidad Valcarce, S.A., Distelga, S.L., sobre reclamación de cantidade, se ditou sentenza que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Resolvemos que desestimando o recurso de suplicación interposto por José María Olarte Zárate contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 2 de Vigo, con data do 13 de febreiro de 2012, debemos confirmar integramente a resolución impugnada.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza e fágaselles saber que contra ela só cabe recurso de casación para a unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto na Lei de xurisdición social. Se a recorrente non está exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na c/c desta sala no banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na c/c desta sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

E para que así conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación a Distelga, S.L., actualmente en ignorado paradoiro, con último domicilio coñecido na avenida Ricardo Mella, 288, interior de Vigo, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, agás as que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento, expido e asino este edicto.

A Coruña, 25 de xuño de 2014

A secretaria xudicial