Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Xoves, 17 de xullo de 2014 Páx. 31499

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (1218/2013).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber:

Que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 1218/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Javier Martínez Porto contra A.P.O. Infraestructuras, S.L., sobre despedimento, se ditou a seguinte sentenza:

Que debo estimar e estimo a demanda contra a empresa A.P.O Infraestructuras, S.L. e a súa administración concursal e debo declarar e declaro improcedente o despedimento de que o demandante foi obxecto, e debo declarar e declaro extinguida a relación laboral que unía as partes desde a data da presente resolución, ao ter sido pechada a mercantil, e condeno a empresa ao aboamento dunha indemnización por despedimento improcedente de 2.997,28 euros.

Condeno, así mesmo, a empresa a aboarlle ao demandante a cantidade debida na data de despedimento de 2.211,54 euros como liquidación das cantidades debidas; deberá responder desta cantidade na súa condición de administrador concursal Jorge Benigno León.

Así mesmo, debo absolver e absolvo o Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, e abondará a manifestación da parte ou do seu avogado ou representante dentro do indicado prazo.

Así o pronuncio, mando e asino.

E para que lle sirva de notificación en legal forma á empresa A.P.O. Infraestructuras, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 25 de xuño de 2014

A secretaria xudicial