Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Xoves, 17 de xullo de 2014 Páx. 31498

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (126/2012).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 126/2012 por instancia de Juan Carlos López Martínez contra a empresa Nueva Despensa, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre cantidade, nos cales se ditou sentenza con data do 20 de xuño de 2014, que copiada nos particulares necesarios di así:

Decisión:

Que estimando a demanda interposta polo demandante Juan Carlos López Martínez, con citación do Fogasa, debo condenar e condeno a empresa Nueva Despensa, S.L. a que lle aboe ao demandante a cantidade de 4.128,75 euros polos conceptos reclamados en demanda.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás cales se fará saber que contra esta só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e deberá anunciarse ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza, e no propio termo se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá ao anunciar o recurso entregar xustificante acreditativo de ter consignado a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banesto desta cidade.

E igualmente deberá, no momento de interpor o recurso, consignar a suma de 300 euros en concepto de depósito especial para recorrer.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, o pronuncio, mando e asino.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Nueva Despensa, S.L., expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 26 de xuño de 2014

A secretaria xudicial