Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Xoves, 17 de xullo de 2014 Páx. 31497

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (124/2012).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 124/2012 por instancia de Jesús Manuel López Sánchez, Carlos Díaz López e Antonio Mojón Escariz contra a empresa Esabe Vigilancia, S.A., sobre cantidade, nos cales se ditou sentenza con data do 20 de xuño de 2014, que copiada nos particulares necesarios di así:

Decisión:

Que, estimando a demanda interposta polos demandantes Jesús Manuel López Sánchez, Carlos Díaz López e Antonio Mojón Escariz, con citación do Fogasa, debo condenar e condeno a empresa Esabe Vigilancia, S.A. a que aboe a cantidade de 2.614,87 € a favor do Sr. López, 2.603,91 € a favor do Sr. Díaz e 2.603,91 € a favor do Sr. Marco, polos conceptos reclamados en demanda.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás cales se fará saber que contra esta non cabe recurso de suplicación.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, o pronuncio, mando e asino.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Esabe Vigilancia, S.A., expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 26 de xuño de 2014

A secretaria xudicial