Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Xoves, 17 de xullo de 2014 Páx. 31495

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (168/2012).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 168/2012 por instancia de María Judite Martins Alves e Ramón Sainz González contra a empresa Os Reis, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre cantidade, nos cales se ditou sentenza con data do 17 de xuño de 2014, que copiada nos particulares necesarios di así:

Decisión estímase a demanda formulada por María Judite Martins Alves e Ramón Sainz González fronte a Os Reis, S.L. e, en consecuencia:

– Condénase a empresa Os Reis, S.L. a aboar as seguintes cantidades:

● A María Judite Martins Alves a cantidade de tres mil setecentos dezasete euros con corenta e nove céntimos de euro (3.717,49 euros).

● A Ramón Sainz González a cantidade de tres mil seiscentos noventa e catro euros con nove céntimos de euro (3.694,09 euros).

Notifíqueselles a presente resolución ás partes, facéndolles saber que contra esta non cabe recurso de suplicación por razón da contía, sen prexuízo dos demais motivos previstos no artigo 191 da LRXS.

A competencia para coñecer o recurso de suplicación corresponderá, se é o caso, ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, e abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Os Reis, S.L., expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 25 de xuño de 2014

O secretario xudicial