Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Xoves, 17 de xullo de 2014 Páx. 31493

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (96/2014).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 96/2014 por instancia de Matilde Josefa Seoane Cernada contra a empresa Mianka Tintorerías, S.L., o Fondo de Garantía Salarial, nos cales se ditou sentenza en data do 17 de xuño de 2014, que copiada nos particulares necesarios di así:

Decisión:

Estímase a demanda formulada por Matilde Josefa Seoane Cernada fronte a Mianka Tintorerías, S.L. e, en consecuencia:

– Declárase improcedente o despedimento efectuado pola demandada Mianka Tintorerías, S.L. á demandante.

– Condénase a Mianka Tintorerías, S.L. a que no prazo de cinco días desde a notificación da sentenza opte entre a readmisión da demandante ou o aboamento dunha indemnización de 855,36 euros; o aboamento da dita indemnización determinará a extinción do contrato de traballo. No caso de optar pola readmisión, deberá aboar os salarios de tramitación que desde a data do despedimento ata a presente importan 6.531,84 euros, aos que deberán engadirse os que se devindiquen ata a súa notificación, a razón de 34,56 euros diarios.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, e abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Mianka Tintorerías, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 25 de xuño de 2014

A secretaria xudicial