Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Xoves, 17 de xullo de 2014 Páx. 31492

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (617/2012).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 617/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Regla Lissette Pino López contra o Restaurante O Pucheiro e Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

Decisión:

Desestimo a demanda formulada por Regla Lisete Pino López contra a empresa Restaurante O Pucheiro, condeno esta a aboarlle a cantidade de 2.440 euros e contra o Fogasa.

Notifíqueselles ás partes e advírtaselles que contra a presente resolución cabe recurso de suplicación, que deberá ser anunciado ante este xulgado no prazo de cinco días seguintes á notificación da presente resolución na forma prevista no artigo 194 e concordantes da LRXS, e co cumprimento das obrigas de depósito, consignación ou aseguramento previstas nos artigos 229 e seguintes da LRXS.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando, o pronuncio, mando e asino.

Publicación. Lida e publicada foi a anterior sentenza polo maxistrado que a ditou, encontrándose realizando audiencia pública no día da data, do cal dou fe.

E para que lle sirva de notificación en legal forma ao Restaurante O Pucheiro, en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 26 de xuño de 2014

O secretario xudicial