Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Mércores, 16 de xullo de 2014 Páx. 31373

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (1145/2013).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 1145/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Víctor Blanco Castromán contra Aquagest, S.A., Construcciones Serobra Galicia, S.L., o Fogasa e Sacyr Vallehermoso, sobre despedimento, ditouse a seguinte resolución cuxo ditame expresa:

«Tense a Víctor Blanco Castromán por desistido da demanda de despedimento presentada fronte a Aquagest, S.A. e Sacyr Vallehermoso, S.A., e decrétase o sobresemento e arquivamento do procedemento respecto das devanditas codemandadas.

Que, estimando a demanda interposta por Víctor Blanco Castromán contra Construcciones Serobra Galicia, S.L., efectúo os pronunciamentos seguintes:

1. Debo declarar e declaro que a extinción do contrato de traballo do demandante efectuado pola mercantil demandada con data de efectos do 20 de outubro de 2013 constitúe un despedimento improcedente e, en consecuencia, debo condenar e condeno a Construcciones Serobra Galicia, S.L. a estar e pasar pola devandita declaración, e a que readmita inmediatamente o traballador demandante nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento, con aboamento dos salarios deixados de percibir desde a data efectiva do despedimento ata a notificación desta sentenza a razón de 43,56 euros diarios, ou ben, a elección do empresario, á extinción da relación laboral con aboamento ao demandante dunha indemnización de 598,95 euros por despedimento improcedente.

A opción polo empresario entre a readmisión do traballador e a indemnización por despedimento improcedente deberá exercerse no prazo de cinco días contados a partir da notificación da presente sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o devandito prazo sen que o empresario tivese optado, entenderase que procede a readmisión.

2. No que atinxe á responsabilidade do Fogasa, deberá observarse o que resulte da aplicación do artigo 33 do ET con notificación da presente resolución.

3. Impóñense a Construcciones Serobra Galicia, S.L. as custas do proceso, incluídos os honorarios do graduado social do demandante, ata o límite máximo de 600 euros.

Notifíquese ás partes e ao Fogasa a presente resolución, facéndolles saber que fronte a ela poderán interpoñer recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregarase ao secretario para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Construcciones Serobra Galicia, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 23 de xuño de 2014

A secretaria xudicial