Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Mércores, 16 de xullo de 2014 Páx. 31371

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (1069/2013).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 1069/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Mercedes Vilaseco Fernández contra Lopher-Build, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sobre despedimento, ditouse a seguinte resolución cuxo ditame expresa:

«Que, estimando integramente a demanda interposta por María Mercedes Vilaseco Fernández contra Lopher Build, S.L., debo declarar e declaro a improcedencia do despedimento da demandante efectuado pola mercantil demandada con efectos do 14 de outubro de 2013, e debo condenar e condeno a Lopher Build, S.L. a que readmita inmediatamente a traballadora demandante nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o despedimento con aboamento dos salarios deixados de percibir desde a data efectiva do despedimento ata a notificación desta sentenza a razón de 17,31 euros diarios, ou ben, a elección do empresario, á extinción da relación laboral con aboamento á demandante dunha indemnización de 9.176,84 euros por despedimento improcedente.

A opción polo empresario entre a readmisión da traballadora e a indemnización por despedimento improcedente deberá exercerse no prazo de cinco días contados a partir da notificación da presente sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido o devandito prazo sen que o empresario tivese optado, entenderase que procede a readmisión.

No que atinxe á responsabilidade do Fogasa, deberá observarse o que resulte da aplicación do artigo 33 do ET.

Notifíquese ás partes e ao Fogasa a presente resolución, facéndolles saber que fronte a ela poderán interpoñer recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregarase ao secretario para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma a Lopher-Build, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 23 de xuño de 2014

A secretaria xudicial