Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Mércores, 16 de xullo de 2014 Páx. 31370

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (187/2013).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 187/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia do Fondo de Garantía Salarial contra Candame, S.A., Manuel Lorenzo Martínez, Jesús Gómez Viaño, Alfredo José Osende Bardanca, Diego Rodríguez Soto, Javier Palleiro Rodríguez, Enrique Luis Franqueira Ramallo, José Manuel Martínez Naya e Manuel Rodríguez Espiñeira, sobre reclamación de cantidade, ditouse sentenza cuxa resolución di:

Que, desestimando a demanda interposta polo Fondo de Garantía Salarial, debo absolver e absolvo os demandados dos pedimentos realizados na súa contra.

Notifíquese esta resolución ás partes ás cales se fará saber que contra ela cabe recurso de suplicación.

Así por esta a miña sentenza, que pronuncio, mando e asino.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de notificación en legal forma ao administrador concursal de Candame, S.A., Vicente Domínguez Munaiz, en ignorado paradoiro, expido e asino o presente.

A Coruña, 25 de xuño de 2014

A secretaria xudicial