Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Martes, 15 de xullo de 2014 Páx. 31239

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Pontevedra

EDICTO (907/2012).

Eu, Sandra Pérez López, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Pontevedra, polo presente

Anuncio:

Neste procedemento seguido por instancia de Mafari Café, S.L. fronte a María Concepción Rey Gómez ditouse sentenza cuxo teor literal é o seguinte:

Sentenza 65/2014.

Pontevedra, 29 de abril de 2014.

Eu, Fernando Campoamor Nuero, xuíz de apoio ao xuíz de adscrición territorial do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, provincia de Pontevedra, viu os autos de xuízo ordinario 907/2012, de resolución de contrato, nos cales aparece como demandante Mafari Café, S.L., representada polo procurador Pedro Sanjuán Fernández e asistida polo avogado José Cuíñas Rodríguez, e como demandada María Concepción Rey Gómez, en situación procesual de rebeldía.

Resolvo que estimo integramente a demanda formulada pola representación de Mafari Café, S.L. contra María Concepción Rey Gómez.

Decreto a resolución dos contratos do 5 de marzo e do 1 de outubro de 2008, celebrados entre Recreativos Mafari, S.A. e María Concepción Rey Gómez.

Condeno a María Concepción Rey Gómez a pagar a Mafari Café, S.L. a cantidade de 21.250,24 euros.

Con imposición de custas a María Concepción Rey Gómez.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, con indicación de que poden interpor recurso en apelación ante a Audiencia Provincial de Pontevedra mediante escrito interposto ante este mesmo xulgado no prazo dos vinte días seguintes ao da notificación –artigo 455 e seguintes da Lei de axuizamento civil–.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo. Fernando Campoamor Nuero, xuíz de apoio ao XAT do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, provincia de Pontevedra.

Ao estar a dita demandada, María Concepción Rey Gómez, en situación procesual de rebeldía e dada a imposibilidade de notificarlle a sentenza, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Pontevedra, 16 de xuño de 2014

A secretaria xudicial