Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Martes, 15 de xullo de 2014 Páx. 31238

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (3192/2013).

M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sección 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento recurso suplicación 3192/2013 desta sección, seguido por instancia de Carlos Rodríguez Agrafojo contra Fogasa, Servicios de Ingeniería y Montaje Alén, S.L., Servicios de Mantenimiento Anova, S.L., Neo Energy Solutions Europe, S.L., Rann Logisti, S.L. Unipersonal sobre resolución de contrato, se ditou a seguinte resolución:

Resolve:

Non procede tramitar o recurso de casación para a unificación de doutrina anunciado pola procuradora Sra. Tejelo Núñez baixo a dirección letrada de Beatriz C. Estévez Fontenla, en nome do, no seu día, demandante Juan Carlos Rodríguez Agrafojo, fronte á sentenza do 12 de marzo de 2013.

Notifíquese ás partes a presente resolución, contra a que cabe recurso de queixa ante a Sala Cuarta do Tribunal Supremo no prazo de dez días contado desde a entrega dos testemuños á parte recorrente (artigo 495 LAC), coa advertencia de que, de non ter a condición de traballador ou beneficiario da Seguridade Social, deberá acreditar, no tempo de interpoñelo, o ingreso na conta de depósitos e consignacións desta sala, aberta en Banesto co nº 1552 0000 31 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano), da cantidade de 30 €. Remítanse, xunto co presente, testemuño da sentenza ditada e de preparación do recurso.

Así, por este noso auto, pronúnciano, mándano e asínano comigo, secretaria da Sala, que dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma a Neo Energy Solutions Europe, S.L., Servicios de Mantenimiento Anova, S.L. e Rann Logisti, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 3 de xuño de 2014

A secretaria xudicial