Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Luns, 14 de xullo de 2014 Páx. 31065

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (905/2013).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento despedimento 905/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Dominga Bouzas Antelo contra Tórculo Artes Gráficas, Copy Belén, S.L. Copy Belén, Fotocopias Maxim, S.L.U., María Sierra Domínguez, José Benigno Castro Ambroa, Randstad Empleo Empresa de Trabajo, Copy Belén, S.L. e José Benigno Castro Ambroa UTE e Fogasa, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución cuxo fallo expresa:

Que estimando parcialmente as demandas interpostas por Dominga Bouzas Antelo contra Fotocopias Maxim, S.L.U., a administradora concursal de María Sierra, Tórculo Artes Gráficas, S.A., Campus na Nube, S.L., Randstad Empleo ETT, S.A., Copy Belén, S.L., José Benigno Castro Ambroa y Copy Belén e José Benigno Castro Ambroa UTE e Fogasa, efectúo os seguintes pronunciamentos:

1. Debo declarar e declaro a existencia de incumprimento contractual grave e culpable imputable á demandada Fotocopias Maxim, S.L.U., concorrendo causa de extinción da relación laboral por instancia da traballadora ao abeiro do artigo 50 do Estatuto dos traballadores; non procede declarar a extinción da relación laboral coa dita mercantil nesta sentenza xa que consta extinguida polo Xulgado do Mercantil número 2 da Coruña mediante o auto ditado con data do 12 de decembro de 2013 no procedemento concursal 233/2013.

2. Debo declarar e declaro a improcedencia do despedimento efectuado por Fotocopias Maxim, S.L.U., Tórculo Artes Gráficas, S.A. e Campus na Nube, S.L. con data do 21 de agosto de 2013.

3. En consecuencia, debo condenar e condeno solidariamente a Fotocopias Maxim, S.L.U., Tórculo Artes Gráficas, S.A. e Campus na Nube, S.L. a se ater a esta declaración e que a nova adxudicataria do servizo opte entre readmitir inmediatamente a traballadora demandante no seu posto de traballo nas mesmas condicións que rexían antes de se producir o despedimento e con aboamento dos salarios de tramitación deixados de percibir desde a data do despedimento ata a notificación desta sentenza, a razón de 42,64 euros diarios, ou ben, á súa elección, a extinguir a relación laboral da demandante, con aboamento dunha indemnización de 46.371 euros por incumprimento contractual e despedimento improcedente, alcanzando a responsabilidade solidaria respeto de Fotocopias Maxim, S.L.U. unicamente o aboamento da indemnización –ou, de ser o caso, diferenzas da indemnización con respecto á fixada no procedemento concursal– por non resultar realizable a readmisión respecto da dita mercantil, por estar extinguido o contrato de trabalo que a vinculaba co demandante no procedemento concursal; e todo isto sen prexuízo, de a nova empresa adxudicataria optar pola readmisión, do reintegro da indemnización pola traballadora, en caso de que xa a percibise no procedemento concursal; ou ben do aboamento por parte das empresas Fotocopias Maxim, S.L.U., Tórculo Artes Gráficas, S.A. e Campus na Nube, S.L. unicamente das diferenzas que procedan na indemnización, en caso de se optar pola indemnización e que o traballador percibise xa a cantidade fixada polo xulgado do mercantil.

A opción do empresario entre a readmisión da traballadora e a indemnización por despedimento improcedente deberase exercer no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia ante este xulgado. Transcorrido este termo sen o empresario optar, entenderase que procede a readmisión.

4. Debo condenar e condeno as mercantís demandadas Fotocopias Maxim, S.L.U., Tórculo Artes Gráficas, S.A. e Campus na Nube, S.L. a lle aboar solidariamente á demandante a cantidade de 10.262,37 euros en concepto de salarios, co detalle recollido no feito probado sexto desta resolución.

5. Debo absolver e absolvo as demandadas Copy Belén, S.L., José Benigno Castro Ambroa, Copy Belén, S.L. e José Benigno Castro Ambroa UTE, Randstad Empleo ETT, S.A. e María Sierra (administradora concursal de Fotocopias Maxim, S.L.U.) das peticións formuladas na súa contra.

6. No que se refire á responsabilidade do Fogasa, deberase observar o disposto no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese ás partes e ao Fogasa esta resolución e fágaselles saber que contra ela poderán interpor recurso de suplicación para ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de cinco días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

A anterior resolución entregarase ao secretario para a súa custodia e incorporación ao libro de sentenzas. Insírase nas actuacións por medio de testemuño.

Por esta miña sentenza, xulgando definitivamente na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma á entidade Fotocopias Maxim, S.L.U., en paradoiro descoñecido, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de xuño de 2014

A secretaria xudicial