Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Luns, 14 de xullo de 2014 Páx. 31079

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

ANUNCIO do 23 de maio de 2014, da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización ambiental integrada para a planta de procesamento de aceites e graxas animais e vexetais que a Agrupación de Fabricantes de Aceites Marinos, S.A. (AFAMSA) posúe no concello de Mos (Pontevedra) (clave do expediente 2014-IPPC-I-13).

Para os efectos previstos na Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 157, do 2 de xullo), faise público que por espazo de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedará exposta a seguinte documentación:

– Documentación para a solicitude de autorización ambiental integrada da Agrupación de Fabricantes de Aceites Marinos, S.A. (AFAMSA) en Mos (Pontevedra). Abril 2014.

Co fin de que calquera interesado poida consultala e, se é o caso, formular no dito prazo as alegacións, suxestións ou observacións que consideren convenientes, os citados documentos estarán á disposición dos interesados, en horario de atención ao público, nas seguintes dependencias:

– Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental-Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación (R/ San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela).

Ademais poderán consultalos na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas:

(http://www.cmati.xunta.es/ >>medio ambiente e sostibilidade>> prevención e control de actividades>>autorización ambiental integrada >>proxectos en información pública).

Santiago de Compostela, 23 de maio de 2014

Justo de Benito Basanta
Secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental

ANEXO I
Memoria resumo

Clave do expediente: 2014-IPPC-I-13.

Peticionaria: Agrupación de Fabricantes de Aceites Marinos, S.A. (AFAMSA).

Domicilio social: Parque empresarial da Veigadaña, Rúa Baloutas, 25, 36416 Mos (Pontevedra).

Localización da instalación: Parque empresarial da Veigadaña, Rúa Baloutas, 25, 36416 Mos (Pontevedra).

Actividade: procesamento de aceites e graxas animais e vexetais.

Descrición: a actividade da planta consiste na transformación de aceites de orixe animal e graxas de orixe vexetal nos seguintes produtos: aceites refinados, aceites desmucilaxinados, aceites winterizados, graxas hidroxenadas, etc. As liñas produtivas existentes son:

– Refinaría: nesta liña desmucilaxínanse, neutralízanse, lávanse e decolóranse os aceites e graxas.

– Winterizado: nesta liña realízase un arrefriamento do aceite ou graxa refinados para separar a parte esteárica, co obxectivo de obter un aceite limpo e transparente a baixa temperatura.

– Oxidación-sulfitación: neste proceso realízase unha oxidación forzada do aceite e posteriormente engádense uns reactivos que permiten que o aceite sexa soluble en auga.

– Desdobramento: nesta liña trátanse as augas do desmucilaxinate mediante quecemento, axitación e adición de ácido sulfúrico, co obxectivo de separar a auga das impurezas. Ademais, trátanse do mesmo xeito as pastas de neutralización e as augas de lavado, separando a auga das oleínas (aceite acedo).

– Hidroxenación: neste proceso auméntase o punto de fusión dos aceites e graxas, e convértense en sólidos a temperatura ambiente.

– Atomización: nesta liña realízase un arrefriamento da graxa hidroxenada, facéndoa pasar por unha boca atomizadora, e fabricar así, un produto en po.

– Saponificación: neste proceso saponíficase unha graxa vexetal facéndoa reaccionar con óxido cálcico e auga. Antes de almacenala e unha vez fría, faise pasar a graxa saponificada por un muíño. A empresa conta con dúas liñas de saponificación en paralelo que traballan alternativamente; deste xeito, mentres nunha se traballa, na outra realízanse todas as tarefas de mantemento e limpeza.

Os procesos auxiliares da actividade da planta, son:

– Estación depuradora de augas residuais, que conta cun pretratamento (eliminación de graxas e aceites), tratamento físico-químico, floculación e flotación, un tratamento biolóxico de lodos activos e deshidratación de lodos.

– Tratamento de gases: para o tratamento da emisión de aire do proceso de oxidación, disponse dun oxidador térmico rexerativo. No proceso de atomización, a emisión de aire pasa a través dun filtro de mangas. No proceso de saponificación, o aire xerado na etapa de arrefriamento e moenda faise pasar por un filtro de mangas antes da súa saída á atmosfera.

Verteduras: a instalación verte as augas residuais industriais tratadas, as augas pluviais e as fecais, á rede separativa existente no polígono industrial.