Ao abeiro do establecido na Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres, e no seu regulamento de execución, aprobado polo Real decreto 1211/1990, do 28 de setembro, iniciouse o expediente de reestruturación do contrato de xestión
V-7038; XG-412, Pontevedra-Vilagarcía de Arousa e Vilanova de Arousa, con anexos, de Transportes José Núñez Barros, S.A.
Os interesados ou afectados nos expediente poderán comparecer no procedemento e, tras o exame da documentación pertinente no Servizo de Mobilidade de Pontevedra (Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, avda. Fernández Ladreda, nº 43-1º andar), efectuar as alegacións que consideren oportunas no prazo de quince días, que se contará a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Dentro dese mesmo prazo poderase acceder á documentación en soporte electrónico mediante a súa solicitude no enderezo: mobilidade.pontevedra@xunta.es
Pontevedra, 9 de xuño de 2014
José Jorge Martínez Fernández
Xefe do Servizo de Mobilidade de Pontevedra