Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Venres, 11 de xullo de 2014 Páx. 30836

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 3 de xullo de 2014, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se convocan as bolsas de tecnificación e rendemento deportivo no Centro Galego de Tecnificación Deportiva para a tempada 2014/15.

A Lei 3/2012, do 2 de abril, do deporte de Galicia, dedica o seu título II ás competencias das administracións públicas galegas en materia de deporte, e no artigo 5 consagra as competencias que lle corresponden á Administración autonómica, segundo o establecido no artigo 27.22 do Estatuto de autonomía de Galicia, especificando no punto 1, letra m), a atribución desta Administración no fomento e regulación do deporte e dos deportistas de alto nivel de Galicia, así como os seus beneficios.

En prol da definición da política deportiva autonómica, fixando as directrices e programas de fomento e desenvolvemento do deporte galego nos seus diferentes niveis, a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia está a dotar o deporte de alta competición dos medios necesarios para a mellora do seu nivel técnico. Con este obxectivo convócanse as bolsas para o Centro Galego de Tecnificación Deportiva (en adiante, CGTD), para a tempada 2014/15, que se axustarán ás seguintes disposicións xerais:

Primeiro. Finalidade da convocatoria

1.1. A presente convocatoria ten por finalidade a concesión das bolsas para o CGTD, co obxecto de facilitar o adestramento dos deportistas de tecnificación e rendemento, creando un clima de adestramento e convivencia entre deportistas de diferentes especialidades deportivas, fomentando a educación integral dos deportistas que favoreza o seu desenvolvemento persoal e facilitando a mellora do seu rendemento deportivo coa finalidade de alcanzar o máximo nivel competitivo.

1.2. Para os efectos da presente resolución, o CGTD é o conxunto das instalacións conformado polas localizadas na rúa Padre Fernando Olmedo, 1, da cidade de Pontevedra, así como o campo de regatas e complexo náutico de Verducido.

Segundo. Beneficiarios e o seus requisitos

2.1. Beneficiarios.

Os deportistas beneficiarios das bolsas serán seleccionados, conforme o procedemento establecido na presente resolución e segundo os requisitos recollidos no seguinte punto, logo de presentación da súa candidatura pola federación deportiva galega a que estean adscritos.

Poderán presentar candidatos aquelas federacións deportivas de modalidade olímpicas e paralímpicas de deportes individuais que sexan compatibles cos servizos e instalacións do CGTD, e que conten cun grupo de tecnificación e/ou rendemento con deportistas que cumpran os requisitos establecidos no punto 2.2 desta resolución e que se axusten á política deportiva autonómica establecida pola Secretaría Xeral para o Deporte.

2.2. Requisitos.

Os requisitos dos deportistas beneficiarios das bolsas serán os seguintes:

– Ter avaliación positiva dos responsables técnicos da federación deportiva encargada do programa.

– Ter licenza nun club galego expedida pola federación correspondente. Admitiranse excepcións que non cumpran este requisito no grupo elite.

– Os deportistas propostos para praza de residencia ou de externo 1 deberán ter promocionado de curso na convocatoria ordinaria de xuño 2014 ou na extraordinaria de setembro 2014 (non consideramos a promoción por imperativo legal). Excepcionalmente, poderase considerar a posibilidade de repetición daqueles deportistas cuxas federacións xustifiquen que participaron, con posibilidade de seguir participando, en campionatos de Europa, do mundo e/ou xogos olímpicos.

Terceiro. Natureza, número de bolsas e duración

3.1. Natureza.

3.1.1. Grupo de tecnificación.

Deportistas que fagan 15, 16, 17 ou 18 anos en 2015 (nados nos anos 2000, 1999, 1998 e 1997). Excepcionalmente, poderanse atender solicitudes que por razóns académicas non se axusten ao rango de idade sinalado: alumnos de altas capacidades que, logo de autorización da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria cursen 3º de ESO con menos de 15 anos e alumnos de 2º de bacharelato que por ter repetido algún curso, antes do seu ingreso no CGTD, superen os 18 anos.

– Praza de residente: residentes de fóra do concello de Pontevedra.

Beneficios da praza: matrícula no IES adscrito ao centro, aloxamento e manutención completa na residencia (xantar de luns a venres e cea de luns a xoves), servizo de lavandaría, incorporación ao grupo de adestramento da súa modalidade, instalacións deportivas, servizo médico-deportivo, servizo de fisioterapia e titoría.

– Praza de externo 1: residentes no concello de Pontevedra.

Beneficios da praza: matrícula no IES adscrito ao centro, xantar no comedor da residencia, incorporación ao grupo de adestramento da súa modalidade, instalacións deportivas, servizo médico-deportivo, servizo de fisioterapia e titoría.

3.1.2. Grupo de rendemento.

Deportistas de máis de 18 anos.

– Praza de residente: deportistas que fagan de 19 a 25 anos en 2015 (nados do ano 1996 ao 1990) que residan fóra do concello de Pontevedra, que estean matriculados nalgún centro educativo.

Beneficios da praza: aloxamento e manutención completa (xantar de luns a venres e cea de luns a xoves), servizo de lavandaría, incorporación ao grupo de adestramento da súa modalidade, instalacións deportivas, servizo médico-deportivo e servizo de fisioterapia.

– Praza de externo 2: deportistas que fagan de 19 a 25 anos no 2015 (nados do ano 1996 ao 1990).

Beneficios da praza: xantar no comedor da residencia, incorporación ao grupo de adestramento da súa modalidade, instalacións deportivas, servizo médico-deportivo e servizo de fisioterapia.

– Elite: deportistas maiores de 25 anos.

Beneficios da praza: xantar no comedor da residencia, instalacións deportivas, servizo médico-deportivo e servizo de fisioterapia.

– Praza de externo 3: deportistas maiores de 18 anos.

Beneficios da praza: instalacións deportivas, servizo médico-deportivo e servizo de fisioterapia.

3.1.3. Adestrador residente: que estea proposto como parte do equipo técnico da súa respectiva federación para a tempada 2014/15.

– Beneficios da praza: aloxamento e manutención completa (xantar de luns a venres e cea de luns a xoves), servizo de lavandaría e instalacións deportivas.

3.2. Número de bolsas e duración.

Convócanse un máximo de 195 prazas:

– Ata 80 prazas de residente (grupo tecnificación).

– Ata 10 prazas de externo 1 (grupo tecnificación).

– Ata 12 prazas de residente (grupo rendemento).

– Ata 30 prazas de externo 2 (grupo rendemento).

– Ata 20 prazas de elite (grupo rendemento).

– Ata 40 prazas de externo 3 (grupo rendemento).

– Ata 3 prazas de adestrador residente.

A duración das bolsas será desde o 15 de setembro ata o 31 de xullo, exceptuando o grupo de residentes de tecnificación que rematará a última semana de clase.

A Secretaría Xeral para o Deporte, vista a proposta da comisión de avaliación, poderá cubrir ou non a totalidade das prazas ofertadas.

Cuarto. Solicitudes. Forma e prazo de presentación

4.1. Solicitudes.

As federacións deportivas galegas, sobre unha base dun proxecto deportivo integral en que figure un grupo de adestramento e unha cobertura técnica suficiente que garante a preparación dos deportistas, deberán realizar unha preselección dos seus deportistas.

4.2. Forma e lugar.

As solicitudes presentaranse mediante escrito das federacións deportivas galegas dirixido á dirección do CGTD:

• Enderezo: Padre Fernando Olmedo, 1, 36002 Pontevedra.

• Teléfono: 986 85 44 37/986 85 77 58.

• Fax: 986 84 75 10.

• Correo electrónico: cgtd@xunta.es

Cada solicitude deberá ir acompañada dos seguintes anexos:

Documentación

Unidades

Anexo I-Solicitude de programa de tecnificación e/ou rendemento.

1

Anexo II-Proxecto de tecnificación e/ou de rendemento para o curso 2014/15.

1

Anexo III-Proposta equipo técnico.

1 por persoa

Anexo IV-Adestrador responsable da sección deportiva: declaración de coñecemento das súas funcións e declaración de non estar en situación de incompatibilidade.

1

*Anexo V-Adestrador responsable de grupo: declaración de coñecemento das súas funcións.

1 por persoa

Anexo VI-Valoración dos deportistas.

1 por persoa

* En caso de haber adestradores de grupo

Accederase aos anexos a través da páxina web da Secretaría Xeral para o Deporte (http://deporte.xunta.es).

4.3. Prazo de presentación.

As solicitudes cos anexos I, II, III, IV, V e VI poderán presentarse, nun prazo de 10 días contados desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia e na páxina web da Secretaría Xeral para o Deporte (http://deporte.xunta.es).

Quinto. Criterios de adxudicación

5.1. A adxudicación de prazas farase de acordo cos seguintes criterios:

5.1.a) Criterios para a repartición do número de bolsas no grupo de tecnificación.

Teranse en conta os seguintes criterios:

Federacións que soliciten renovación do programa

Criterio 1. Nº de deportistas DGAN, entre os bolseiros do CGTD, nos últimos 3 cursos (2010/11, 2011/12, 2012/13)

Entre 1-10

Entre 11-20

Entre 21-30

+30

5 puntos

10 puntos

15 puntos

20 puntos

Criterio 2. Nº de deportistas DAN entre os bolseiros do CGTD nos últimos 3 cursos (2010/11, 2011/12, 2012/13)

Entre 1-10

Entre 11-20

Entre 21-30

+30

5 puntos

10 puntos

15 puntos

20 puntos

Criterio 3. Nº de medallas en campionatos de España entre os bolseiros do CGTD, nos últimos 3 cursos (2010/11, 2011/12, 2012/13)

Entre 1-20

Entre 21-40

Entre 41-60

+60

5 puntos

10 puntos

15 puntos

20 puntos

Criterio 4. Nº de concentracións nacionais as que acudiron deportistas bolseiros no CGTD, nos últimos 3 cursos (2010/11, 2011/12, 2012/13)

Entre 1-20

Entre 21-30

Entre 31-40

+40

5 puntos

10 puntos

15 puntos

20 puntos

Criterio 5. Nº de participacións internacionais, de deportistas bolseiros no CGTD coa selección nacional nos últimos 3 cursos (2010/11, 2011/12, 2012/13)

Entre 1-10

Entre 11-20

Entre 21-30

+30

5 puntos

10 puntos

15 puntos

20 puntos

Federacións que soliciten a incorporación do programa

Criterio 1. Nº de deportistas DGAN, nos anos 2011, 2012 e 2013

Entre 1-10

Entre 11-20

Entre 21-30

+30

5 puntos

10 puntos

15 puntos

20 puntos

Criterio 2. Nº de deportistas DAN nos anos 2011, 2012 e 2013

Entre 1-10

Entre 11-20

Entre 21-30

+30

5 puntos

10 puntos

15 puntos

20 puntos

Criterio 3. Nº de medallas en campionatos de España, desde a categoría cadete á absoluta, nos anos 2011, 2012 e 2013

Entre 1-20

Entre 21-40

Entre 41-60

+60

5 puntos

10 puntos

15 puntos

20 puntos

Criterio 4. Nº de concentracións nacionais a que acudiron deportistas, desde a categoría cadete á absoluta, nos anos 2011, 2012 e 2013

Entre 1-20

Entre 21-30

Entre 31-40

+40

5 puntos

10 puntos

15 puntos

20 puntos

Criterio 5. Nº de participaciones internacionais de deportistas coa selección nacional nos anos 2011, 2012 e 2013

Entre 1-10

Entre 11-20

Entre 21-30

+30

5 puntos

10 puntos

15 puntos

20 puntos

Repartición do nº de prazas por federación segundo os puntos obtidos

0-25 puntos

26-40 puntos

41-65 puntos

66-80 puntos

+80 puntos

2-5 prazas

6-10 prazas

11-15 prazas

16-20 prazas

+21 prazas

5.1.b) Criterios para adxudicación do número de bolsas no grupo de rendemento.

– Prazas de residentes.

Seguindo esta orde de prioridades ata cubrir as 12 prazas ofertadas.

1º) Deportistas, que remataron a súa bolsa como residentes de tecnificación, que estean incluídos nalgúns dos programas de axuda ao deportista olímpico/paralímpico.

2º) Deportistas que estean incluídos nalgún dos programas de axuda ao deportista olímpico/paralímpico.

3º) Deportistas que formaran parte do equipo nacional durante os dous últimos anos.

– Prazas de externo 2.

Seguindo esta orde de prioridades ata cubrir as 30 prazas ofertadas.

1º) Para deportistas participantes no Campionato do Mundo, Campionato de Europa ou Copa do Mundo nos anos 2013 ou 2014.

2º) Para deportistas que, en 8 de setembro de 2014, estean entre os 2 primeiros postos do ránking nacional da súa categoría na presente tempada (2013/14).

3º) Para deportistas campións ou subcampións de España na súa modalidade no ano 2014.

4º) Para deportistas que participaran coa selección española durante os dous últimos anos.

– Prazas elite.

Seguindo esta orde de prioridades ata cubrir as 20 prazas ofertadas.

1º) Deportistas maiores de 25 anos con participación nos últimos xogos olímpicos, xogos paralímpicos.

2º) Deportistas maiores de 25 anos participantes no Campionato do Mundo, Campionato de Europa ou Copa do Mundo nos anos 2013 ou 2014.

3º) Deportistas maiores de 25 anos que, en 8 de setembro de 2014, estean entre os 2 primeiros postos do ránking nacional.

4º) Deportistas maiores de 25 anos que participaran coa selección española durante os dous últimos anos.

– Prazas externo 3.

Seguindo esta orde de prioridades ata cubrir as 40 prazas ofertadas.

1º) Deportistas maiores de 18 anos que quedasen nos postos 3º ou 4º no Campionato de España do ano 2014.

2º) Deportistas maiores de 18 anos que ocupen os postos 3º e 4º do ránking nacional en 8 de setembro de 2014.

3º) Deportistas maiores de 18 anos que xustifiquen ter a condición de DGAN e/ou DAN en vigor.

Ata o 30 de setembro de 2014 as federacións galegas poderán solicitar cambios cando se produzan baixas ou unha modificación no tipo de bolsa concedida a un deportista cando os campionatos de España, campionatos de Europa, Campionato do Mundo ou Copa do Mundo teñan lugar despois do 8 de setembro.

– Adestrador residente.

No caso de que haxa máis demanda que prazas ofertadas a repartición farase segundo estes criterios:

1º) Antigüidade como adestrador no CGTD.

2º) Maior número de deportistas residentes da súa modalidade.

3º) Ter experiencia como adestrador residente nas concentracións de verán.

5.2. Xunto aos criterios apuntados, terán prioridade os deportistas con maiores posibilidades de acudir á cita de Río 2016, presidindo en todo caso a adxudicación a garantía da máxima rendibilidade e utilidade do centro, dos seus servizos e instalacións. Así mesmo, terase en conta a oferta existente en centros recoñecidos polo CSD, co fin de optimizar os recursos dispoñibles.

Sexto. Equipo técnico proposto pola federación correspondente

A relación laboral entre os membros do equipo técnico e a federación deportiva de que dependen deberá axustarse en todo momento á lexislación laboral vixente.

6.1. O equipo técnico estará formado por:

– Un adestrador responsable da sección deportiva obrigatoriamente.

– Un substituto nomeado para cubrir as ausencias do responsable obrigatoriamente.

– Un ou varios adestrador/es responsable/s de grupo con carácter opcional.

6.2. O adestrador responsable da sección deportiva.

Será a persoa con maior responsabilidade desa sección deportiva no CGTD e deberá cumprir os seguintes requisitos:

a) Titulación: licenciado en Ciencias da Actividade Física e o Deporte, ou título de técnico Deportivo Superior, ou adestrador deportivo de nivel III ou equivalente da modalidade deportiva correspondente.

b) Experiencia: acreditar un mínimo de 3 anos como adestrador.

c) Non estar afectado por incompatibilidade.

d) Deberá estar presente nos adestramentos.

6.3. Adestrador de grupo.

Terá a responsabilidade do seu grupo de adestramento e deberá cumprir os seguintes requisitos:

a) Titulación: licenciado en Ciencias da Actividade Física e o Deporte, ou título de técnico Deportivo Superior, ou adestrador deportivo de nivel III ou equivalente da modalidade deportiva correspondente.

b) Non estar afectado por incompatibilidade.

c) Deberá estar presente nos adestramentos do seu grupo.

6.4. Os membros do equipo técnico non poderán:

Adestrar outros deportistas no horario do grupo de adestramento do CGTD sen autorización da Dirección.

6.5. Funcións dos adestradores.

Serán as recollidas nos anexos IV e V da presente convocatoria.

Sen prexuízo do anteriormente dito, a Secretaría Xeral para o Deporte poderá desestimar a proposta do responsable dos programas e/ou doutros membros do equipo técnico feita pola federación deportiva que solicita a autorización, fundamentando a súa decisión no incumprimento dalgún dos requisitos anteriores, ou na falta de compromiso co proxecto educativo do centro.

Sétimo. Órgano competente e instrutor do procedemento

Sendo a Secretaría Xeral para o Deporte o órgano competente, este establece como instrutora do procedemento a directora do Centro Galego de Tecnificación Deportiva quen, conforme o acordado, elevará proposta de resolución ao secretario xeral para o Deporte, que adoptará a resolución en virtude da cal se outorgará a concesión das bolsas para o CGTD na tempada e curso escolar 2014/15.

Finalizado o prazo para a presentación das solicitudes, aquelas presentadas indebidamente cubertas nas súas epígrafes e anexos devolveranse ás federacións galegas, que disporán de 5 días hábiles para a súa remisión unha vez cubertas correctamente, sendo a federación deportiva galega a responsable da autenticidade dos datos achegados na ficha de cada deportista.

Finalizado o prazo de remisión, o órgano instrutor remitirá a documentación presentada que cumpra as exixencias contidas nestas bases á comisión encargada de analizar as solicitudes recibidas, que disporá de 5 días hábiles para elevar ao secretario xeral para o Deporte a proposta de resolución coa asignación das bolsas.

Oitavo. Avaliación de solicitudes

Crearase unha comisión de avaliación que analizará as solicitudes recibidas e elevará ao secretario xeral para o Deporte a proposta de asignación de prazas.

A comisión estará constituída por:

– Presidente: secretario xeral competente en materia de deporte ou persoa en quen delegue.

– Vogal: subdirectora xeral de Plans e Programas da Secretaría Xeral para o Deporte.

– Vogal: directora do CGTD.

– Vogal: subdirectora do CGTD.

– Vogal: xefe do Servizo de Deportes da provincia de Pontevedra onde está situado o CGTD.

– Vogal: técnico da Secretaría Xeral para o Deporte.

– Secretario: funcionario da Secretaría Xeral para o Deporte.

Noveno. Obrigas do deportista bolseiro

O deportista bolseiro estará obrigado a:

– Adestrar co técnico que lle asigne a súa federación.

– Someterse aos controis de dopaxe segundo á normativa en vigor.

– Pasar o control médico obrigatorio nos servizos médicos do CGTD.

– Formalizar o seu ingreso previamente á súa incorporación nas oficinas do CGTD.

– Cumprir a normativa contida no Regulamento de réxime interno do CGTD.

Décimo. Posibilidade de revogación

10.1. Revogación dun programa.

Os programas poderán ser revogados ao longo do curso nas seguintes circunstancias:

– Por instancia do presidente da federación galega correspondente, co acordo da asemblea xeral da súa federación.

10.2. Revogación dunha bolsa.

A bolsa concedida a un deportista poderá ser revogada polas seguintes causas:

– Inadaptación ás normas de convivencia.

– Dar positivo nun control de dopaxe ou negarse a pasalo.

– Poderase revogar a bolsa se o recoñecemento médico do CGTD conclúe que non é apto.

– Poderase cancelar a bolsa porque así o solicite a federación galega de que dependa o deportista, xustificando incumprimentos das obrigas deste coa súa federación.

– Igualmente, poderase cancelar por motivos disciplinarios no caso de faltas moi graves segundo o Regulamento de réxime interno do centro.

Disposición adicional primeira

No Centro Galego de Vela de Vilagarcía, como instalación anexa do CGTD, os deportistas bolseiros da modalidade de vela deberán cumprir os seguintes requisitos e obrigas posteriores:

– Requisitos de acceso para os deportistas:

a) Estar empadroados nalgún municipio de Galicia.

b) Ter licenza federativa por algún club adscrito á Federación Galega de Vela.

c) Ter acreditado un nivel alto en clases xuvenís, tendo asistido a campionatos europeos ou mundiais coa selección nacional.

d) Cumprir os requisitos antropométricos necesarios para a clase en que vai adestrarse.

e) Presentar o programa anual de adestramento, concertado co equipo técnico. Este programa deberá cubrir os seguintes aspectos:

• Plan anual de adestramentos e competicións.

• Establecemento de obxectivos.

• Informe mensual na táboa de execución facilitado polo adestrador.

• Planificación da programación física e nutricional.

– Obrigas dos deportistas bolseiros:

a) Cumprimento e revisión mensual do anterior programa.

b) Adestrar un mínimo de 15 días ao mes (polo menos 5 horas no centro e 3 na auga) no Centro Galego de Vela.

c) Asistencia obrigatoria ás convocatorias de nivel autonómico, nacional ou internacional. Estas convocatorias contabilizarán no cómputo xeral da letra f).

d) Asistencia obrigatoria ás competicións clasificatorias para o Equipo Preolímpico Español, no caso de ser seleccionado polo equipo técnico.

e) Cumprimento do contrato de cesión ou de uso compartido do material, no caso de ter material cedido pola Federación Galega de Vela.

Disposición adicional segunda

A comisión de avaliación poderá ter en conta a existencia doutros centros e programas deportivos autonómicos vixentes na Comunidade Autónoma galega con base no establecido na Resolución do 27 de maio de 2014, da Dirección Xeral de Deportes, pola que se cualifican as instalacións e os programas deportivos para o desenvolvemento do deporte de alto nivel e de competición, coa finalidade de buscar as mellores condicións de adestramento posibles que faciliten aos deportistas alcanzar un máximo nivel competitivo.

Santiago de Compostela, 3 de xullo de 2014

José Ramón Lete Lasa
Secretario xeral para o Deporte

missing image file
missing image file

Índice:

1. Equipo técnico: propostas de adestrador responsable da sección deportiva e o/s adestrador/es responsable de grupo.

2. Obxectivos xerais do programa de tecnificación e/ou rendemento.

3. Criterios metodolóxicos xerais.

4. Temporización do curso.

5. Competicións de referencia no 2014.

6. Competicións de referencia no 2015.

7. Indicadores de rendemento deportivo na elite da modalidade, ordenados de maior a menor importancia.

8. Escalas de puntuación empregadas para a valoración dos indicadores de rendemento deportivo na elite, para idades de tecnificación deportiva.

9. Relación, por orde de preferencia, de deportistas propostos para o curso 2014/15. Reflectir tanto os que renovan praza como as novas incorporacións.

10. Achega directa da federación española correspondente ao programa de tecnificación e/ou rendemento do centro.

11. Outra información de interese (resumo do plan de tecnificación da federación deportiva, convenios subscritos con outras federacións, etc.).

12. Para federacións de nova incorporación, información relativa aos criterios que se van aplicar para a repartición de bolsas.

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO IV
Adestrador responsable da sección deportiva: declaración de coñecemento das súas funcións e declaración de non estar en situación de incompatibilidade

Funcións do adestrador responsable:

– Coordinar os adestradores responsables dos grupos de adestramento da súa sección.

– Informar á dirección do CGTD de todo o que teña que ver coa súa sección.

– Elaborar o programa de adestramento para o curso, indicando obxectivos, contidos, metodoloxía, sistemas de avaliación, horarios de adestramento e calendario de competicións.

– Programar e supervisar os adestramentos dos deportistas.

– Avaliar o proceso de adestramento e o seu resultado.

– Contribuír a que as actividades do centro se desenvolvan nun clima de respecto e valores.

– Titoría, orientación, dirección e apoio aos deportistas durante o tempo dedicado ao adestramento e sempre con atención persoal no marco horario establecido.

– En relación cos deportistas do grupo de tecnificación: informar a familia e os titores do centro sobre as ausencias á clase e/ou aos servizos de residencia, como consecuencia da participación dos deportistas en competicións deportivas incluídas na programación xeral anual.

– Elaborar a avaliación deportiva trimestral e a memoria deportiva anual.

– Aceptar as normas do Regulamento de réxime interno do centro.

– Manter actualizado o inventario do material do CGTD.

– Responsabilizarse do almacenamento, bo uso e control do material do CGTD.

D./Dna.: __________________________________________________________

Adestrador responsable da sección deportiva da Federación Galega de ____________

Declaro coñecer e aceptar todas as funcións xerais encomendadas como adestrador responsable da sección deportiva no curso 2014/15.

Declaro que non desempeño posto ou actividade ningunha no sector público nin realizo actividades privadas incompatibles ou que requiran recoñecemento de compatibilidade. Declaro tamén que non recibo pensión de xubilación, retiro ou orfandade por dereitos pasivos ou por calquera réxime da Seguridade Social público e obrigatorio.

___________________, _______de _______________ de 2014

Sinatura: ______________________

ANEXO V
Adestrador responsable de grupo: declaración de coñecemento das súas funcións

– Programar e supervisar os adestramentos dos deportistas ao seu cargo.

– Avaliar o proceso de adestramento e o resultado dos deportistas baixo a súa responsabilidade.

– Informar o técnico responsable da sección deportiva de todo o que teña que ver cos seus deportistas e coa súa función como técnico responsable dun grupo de adestramento.

– Contribuír a que as actividades do centro se desenvolvan nun clima de respecto e valores.

– Titoría, orientación, dirección e apoio aos deportistas durante o tempo dedicado ao adestramento e sempre con atención persoal no marco horario establecido.

– En relación cos deportistas do grupo de tecnificación: informar a familia e o responsable da sección deportiva das competicións, concentracións, etc. en que van participar os seus deportistas.

– Aceptar as normas do Regulamento de réxime interno do centro.

D./Dna.: _______________________________________________________membro do equipo técnico do grupo de adestramento da Federación Galega de _________________, que desenvolve as funcións de _____________________________

Declaro coñecer e aceptar todas as funcións xerais encomendadas como adestrador responsable dun grupo de adestramento no curso 2014/15.

_____________________, _______de _______________ de 2014

Sinatura: ______________________

missing image file
missing image file