Tendo expirado o prazo do mandato dos conselleiros e conselleiras electivos do Consello Consultivo de Galicia, de conformidade co establecido no artigo 3.2 da Lei 3/2014, do 24 de abril, do Consello Consultivo de Galicia,
DISPOÑO:
O cesamento de María Teresa Conde-Pumpido Tourón, José Luis Costa Pillado, Francisco Javier D´Amorín Viéitez e José Gonzalo de la Huerga Fidalgo, agradecéndolles os servizos prestados.
O nomeamento, como conselleiros electivos do Consello Consultivo de Galicia, de José Luis Costa Pillado, Ignacio de Loyola Aranguren Pérez e Abelardo Blanco Serrano, por proposta do Parlamento de Galicia, e de Ana María Otero López, escoitado o Consello da Xunta de Galicia.
De acordo coa disposición transitoria primeira da Lei 3/2014, os conselleiros e conselleiras electivos cuxo mandato xa expirou seguirán desempeñando os seus cargos ata a toma de posesión das persoas nomeadas que os van substituír.
Santiago de Compostela, dez de xullo de dous mil catorce.
Alberto Núñez Feijóo
Presidente