Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Xoves, 10 de xullo de 2014 Páx. 30784

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (575/2013).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber:

Sentenza 323/14.

A Coruña, 2 de xuño de 2014.

Vistos por Carmen Sangiao Pereira, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 5 da Coruña e o seu partido, os presentes autos de xuízo número 575/2013 seguidos por instancia de Ramiro Noya Gándara representado pola letrada Aranzazú Navarrete Rey contra Estructuras de Galicia, S.L. Esoga, Tomé y Judel Administradores Concursales, S.L.P e o Fogasa que non comparecen, a pesar de estar debidamente citados, sobre reclamación de cantidade.

Decido que estimando a demanda interposta por Ramiro Noya Gándara contra a empresa Estructuras y Obras de Galicia, S.L. Esoga debo condenar e condeno a empresa a que aboe á demandante a cantidade de 10.005,50 euros polos conceptos reclamados en demanda, máis o 10% de xuro por demora, debendo responder desta cantidade, na súa condición de administrador concursal Tomé y Judel Administradores Concursales, S.L.P.

Así mesmo, debo absolver e absolvo ao Fogasa sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Contra esta resolución, cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución bastando a manifestación da parte ou do seu avogado ou representante dentro do indicado prazo.

Así o pronuncio, mando e asino.

Para que conste e inserir no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación a Estructuras y Obras de Galicia S.L., co apercibimiento de que as sucesivas notificacións se realizan nos estrados do xulgado, agás as que sexan de emprazamento, sentenzas e autos.

A Coruña, 18 de xuño de 2014

A secretaria xudicial