Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Xoves, 10 de xullo de 2014 Páx. 30786

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (705/2013).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber:

Sentenza 329/2014.

A Coruña, 16 de xuño de 2014.

Vistos por Carmen Sangiao Pereira, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número 5 da Coruña e o seu partido, os presentes autos de xuicio 705/2013 seguidos por instancia de Isabel Suárez Gantes asistida pola letrada Iria Vázquez Rivera, contra a empresa Restages Galicia 2007, S.L e o Fogasa que non comparecen, sobre reclamación de cantidade.

Decido que estimando a demanda interposta pola actora contra a empresa Restages Galicia 2007, S.L., debo condenar e condeno a esta a que lle aboe a cantidade de 1.199,02 euros. Así mesmo, debo absolver e absolvo ao Fogasa sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria nos casos previstos no artigo 33 do Estatuto dos traballadores.

Notifíquese esta resolución ás partes ás que se fará saber que contra ela non cabe recurso de suplicación.

Así por esta a miña sentenza que pronuncio, mando e asino.

Para que conste e inserir no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación a Restages Galicia 2007, S.L., co apercibimento de que as sucesivas notificacións se realizarán nos estrados do xulgado, agás as que xexan emprazamentos, sentenzas e autos.

A Coruña, 19 de xuño de 2014

A secretaria xudicial