Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Xoves, 10 de xullo de 2014 Páx. 30787

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 15 de Madrid

EDICTO (559/2013).

NIG: 28.079.00.4-2013/0022888.

Autos nº: despedimentos/cesamentos en xeral 559/2013.

Materia: despedimento.

Execución: 288/2013.

Executante: Indrid Yuliana Benavidez Núñez.

Executada: Secreto by Isa, S.L.

Eu, María Dolores Marín Relanzón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 15 de Madrid, fago saber que no procedemento 288/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Indrid Yuliana Benavidez Núñez fronte a Secreto by Isa, S.L., sobre execución forzosa, se ditou a seguinte resolución:

«Parte dispositiva.

Para os efectos destas actuacións, e para o pagamento de 4.618,75 euros de principal, 461 euros de xuros e 461 euros calculados para custas, declárase a insolvencia provisional total do executado, Secreto by Isa, S.L., sen prexuízo de que se lle poidan atopar novos bens que permitan facer efectiva a débeda aínda pendente de pagamento.

Unha vez que sexa firme esta resolución, arquívense as presentes actuacións.

Modo de impugnación. Contra este decreto cabe recurso directo de revisión, no prazo de tres días desde a súa notificación. O recorrente que non sexa traballador ou beneficiario da Seguridade Social deberá ingresar a cantidade de 25 euros e o dito depósito deberase realizar mediante o ingreso do seu importe na conta de depósitos e consignacións deste xulgado na entidade Banco de Santander número 2513 0000 64 0288 13.

Así o acordo e asino. Dou fe.

A secretaria xudicial».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Secreto by Isa, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula na oficina xudicial, polo medio establecido para o efecto, salvo as que sexan auto, sentenza ou decretos que poñan fin ao procedemento ou resolvan un incidente, ou de se tratar de emprazamento.

Madrid, 16 de xuño de 2014

A secretaria xudicial