Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Mércores, 9 de xullo de 2014 Páx. 30651

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (675/2011).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 675/2011 IP.

Xulgado de orixe/autos: demanda 29/2010 Xulgado do Social número 3 de Pontevedra.

Recorrentes: Instituto Nacional da Seguridade Social, Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo.

Avogado: Luis Esteban Leyenda Martínez.

Recorridos: Tesouraría Xeral da Seguridade Social, SB Industrial y Comercial, S.L., José Antonio Castro Maquieira.

Avogado: Celestino Barros Pena.

Procuradora: Ana María Tejelo Núñez.

María Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da Sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento recurso de suplicación 675/2011 desta sección, seguido por instancia do Instituto Nacional da Seguridade Social e a Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, SB Industrial y Comercial, S.L., José Antonio Castro Maquieira, sobre accidente de grao, ditouse a seguinte resolución:

A sala acorda declarar a inadmisión do recurso de casación para a unificación de doutrina interposto polo letrado Celestino Barros Pena, en nome e representación de José Antonio Castro Maquieira, contra a sentenza ditada pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia do 14 de xuño de 2013, no recurso de suplicación número 675/2011, interposto polo Instituto Nacional da Seguridade Social e a Mutua Galega de Accidentes de Traballo fronte á sentenza ditada polo Xulgado do Social número 3 dos de Pontevedra do 30 de xuño de 2010, no procedemento número 29/2010 seguido por instancia de José Antonio Castro Maquieira contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo e SB Industrial y Comercial, S.L., sobre incapacidade permanente. Declárase a firmeza da sentenza impugnada, sen imposición de custas á parte recorrente. Contra este auto non cabe recurso ningún. Devólvanse os autos de instancia e a peza de suplicación á Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de procedencia con certificación desta resolución e comunicación.

E para que sirva de notificación en legal forma a SB Industrial e Comercial, S.L. con último domicilio coñecido na rúa José Trasande, 1, Marín, Pontevedra, en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 21 de maio de 2014

A secretaria xudicial