Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Mércores, 9 de xullo de 2014 Páx. 30653

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (4349/2012).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 4349/2012-MCR.

Xulgado de orixe/autos: demanda 280/2007 Xulgado do Social número 2 da Coruña.

Recorrentes: Florentino Fernández Vázquez e outros.

Avogado: David Pena Díaz.

Recorridos: Consellería de Traballo e Bienestar, Gas Natural SDG, S.A., Teleperfomance, S.A.U. (anteriormente Iberphone, S.A.), Estrella Lombardero Ruiz, Carlos Pardellas Seoane e outros.

Avogados: Iván López García de la Riva, Fernando Rodríguez de Rivera Moron, Ana Isabel Fernández López.

M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 4349/2012-MCR desta sección, seguido por instancia de Florentino Fernández Vázquez e outros contra a Consellería de Traballo e Benestar, Gas Natural, S.D.G., S.A., Teleperfomance, S.A.U. (anteriormente Iberphone, S.A.) e outros, sobre cesión ilegal, se ditou a seguinte resolución:

«Que desestimando os recursos de suplicación interpostos pola representación letrada de Natalia Armada Pego, Mónica Ambros Lebon, Inés María Armada Pego, Mª Carmen Berrocal Berzas, Mª Jesús Bonnet Fernández, Mª Teresa Castiñeira Mallo, Ana Belén Castrillón Reinaldo, Estrella Couceiro Otero, Emilia Díaz Carballo, Florentino Fernández Vazquez, Luz M. Fernández Vázquez, Berta M. Francesch Martínez, M. Carmen García Escudero, Carlos Gómez Sánchez, Patricia González Casal, Roberto González Castro, Ana M. Hermida Rivas, Gloria Martínez Suárez, Isabel Paula Mosquera González, Sonia M. Pedreira Romero, Verónica Peinador Chacon, Santiago Pérez Matas, Concepción Rey Pais, M. José Rey Rodríguez, Montserrat M. Roquer Regueira, Margarita Sanda Lorenzo, Alicia Serrano Sánchez, M. Ángeles Sola Sánchez, Ana Belén Villegas García e Vanesa Vitureira Cambre, e Verónica Arnoso García, Mª Aranzazu Canosa Balado, Ignacio Casas Gutiérrez, María Dolores Codesido Fuciños, M. Teresa Conchado Castro, M. Pilar Doce Vega, Ana Isabel Fernández Fernández, M. Esperanza Fernández Paredes, Rossana Gómez Pena, Laura Martínez Rama, M. Sandra Montero Fernández, Pablo Nieves Fuentes, M. Hortensia Pontide Castro, Manuel Rey Lamas, Margarita Riveiros Lopez, Rosa María Rodríguez Güeto, Ángel Manuel Romero García, Judith Santiso Doldan, M. Esther Santos Orros, Isabel Fernández Rodríguez, Luz Divina López Viñan e Estefanía Sánchez García, contra a sentenza de data dezaoito de outubro do ano dous mil dez (autos 280/07 e 295/07), ditada polo Xulgado do Social número 2 dos da Coruña, en proceso de oficio promovido pola autoridade laboral, debemos confirmar e confirmamos a sentenza contra a que se recorre.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas deste Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para a unificación de doutrina, que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala do social dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación desta sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, deberá consignar a cantidade de 600 euros en concepto de depósito para recorrer na conta de consignacións desta sala-sección aberta en Banesto co número 1552, e deberá indicar no campo concepto “Recurso”, seguido do código “35 Social casación”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separado por un espazo, o código “35 Social casación”. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, con indicación no campo de observacións da data da resolución contra a que se recorre utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así, por esta a nosa sentenza, o pronunciamos, mandamos e asinamos».

E para que sirva de notificación en legal forma a Mª Pilar Fernández Sánchez, Estrella Lombardero Ruiz, Aloia García Ávila, Noelia Lata Alonso, Diego Fernández Vázquez, Mª Mar López Ferrer, Ana Belén Pérez Couso, Mª Cruz Brage Pérez, Carlos Pardellas Seoane, Mª Isabel García Rodríguez, Ana Mª Fresco Miguel, Zoraida Álvarez Cañas, Patricia Amigo Turnes, Rebeca Amor Vidal, Mª Carmen Carriedo Iglesias, Mª Dolores Casares Canosa, Patricia Díaz Mahía, Iria Belén Fabeiro Vigo, Mª Teresa Freire Rodríguez, Delia Fátima García Barral, Cristina Insua Penas, Mª Dolores Martínez Suárez, Pilar Molto Dequidt, Silvia Pazos Rúa, Eva Pérez Yáñez, Paloma Ramuñal Corgo, Marta Rey González, Lorena Rey Paulos, Mª José Rey Rodríguez, Natividad Rodríguez González, Mª Raquel Rodríguez López, Mª José Sánchez García, Azucena Leticia Sánchez González, Mª Mar Santalla Martínez, Mª Isabel Turnes Fuentes, Mª José Vázquez Pena, Mª Carmen Anello López, Laura López Bazan, Mª Arminda Domínguez González e Laura Martín Oreiro, en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 29 de maio de 2014

A secretaria xudicial