Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Mércores, 9 de xullo de 2014 Páx. 30658

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (5537/2010).

Secretaría: Sra. Freire Corzo-RMR*.

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 5537/2010.

Xulgado de orixe/autos: demanda 48/2010 Xulgado do Social número 3 de Vigo.

Recorrente: Instituto Nacional da Seguridade Social.

Recorridos: Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, Construcciones Sanco, S.L. e Juan Cespón Paz.

Avogada: María José Martínez-Fariza Conde.

M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 5537/2010 (RCUD 171/2013), seguido por instancia da Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra o INSS, TXSS e outros sobre outros dereitos laborais, a Sala IV do Tribunal Supremo ditou resolución cuxa parte dispositiva di literalmente:

«A sala acorda: declarar a inadmisión do recurso de casación para a unificación de doutrina interposto pola letrada DI María José Martínez-Fariza Conde, en nome e representación da Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, contra a sentenza ditada pola Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia de data 21 de maio de 2013, no recurso de suplicación número 5537/2010, interposto polo Instituto Nacional da Seguridade Social, fronte á sentenza ditada polo Xulgado do Social número 3 dos de Vigo, de data 16 de xuño de 2010, aclarada por Auto do 28 de xuño de 2010 no procedemento número 48/2010, seguido por instancia da Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Juan Cespón Paz e Construcciones Sanco, S.L., sobre recarga de prestacións.

Declárase a firmeza da sentenza contra a que se recorre, con imposición de custas á parte recorrente e perda do depósito constituído.

Contra este auto non cabe ningún recurso.

Devólvanse os autos de instancia e a peza de suplicación á Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de procedencia, con certificación desta resolución e comunicación».

E para que así conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de emprazamento a Construcciones Sanco, S.L., con último domicilio coñecido na rúa María Berdiales, 29, 2º, oficina, 8, Vigo, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 17 de xuño de 2014

A secretaria xudicial