Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Mércores, 9 de xullo de 2014 Páx. 30660

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (253/2014).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 253/14 por instancia de Arturo Morgade Pallas contra a empresa Mompasa Instalaciones, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, nos que recaeu sentenza o 12.6.2014 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Resolución estímase a demanda formulada por Arturo Morgade Pallas fronte a Mompasa Instalaciones, S.L. e, en consecuencia:

– Declárase improcedente o despedimento efectuado pola demandada Mompasa Instalaciones, S.L. ao demandante.

– Condénase a Mompasa Instalaciones, S.L. a que no prazo de cinco días desde a notificación da sentenza opte entre a readmisión do demandante ou o aboamento dunha indemnización de 58.225,99 euros, determinando o aboamento da devandita indemnización a extinción do contrato de traballo; no caso de optar pola readmisión deberá aboar os salarios de tramitación que desde a data do despedimento ata a presente importan 7.820,14 euros, aos que se deberán engadir os que se devindiquen ata a súa notificación a razón de 56,26 euros diarios.

Notifíquese a presente resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución abondando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Mompasa Instalaciones, S.L. expido e asino a presente.

A Coruña, 18 de xuño de 2014

O secretario xudicial