Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Mércores, 9 de xullo de 2014 Páx. 30726

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 25 de xuño de 2014 pola que se notifica a resolución do expediente de reclamación patrimonial con referencia 70/13.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE núm. 12, do 14 de xaneiro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle a Jorge Gómez Teijeiro, con DNI 76404803E, que presentou a reclamación por danos na súa embarcación no porto do Vicedo, mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia, a resolución da reclamación patrimonial de acordo coa Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións publicas e do procedemento administrativo común, e demais disposicións de pertinente aplicación, por non ser posible a notificación a través do servizo de Correos no último enderezo coñecido sito na r/ San Agustín, Mogor, 1, O Barqueiro, 15339 Mañón (A Coruña).

O órgano competente para a resolución do expediente é a Consellería do Medio Rural e do Mar para ditar a presente resolución de acordo co establecido no artigo 3.1.b) da Lei 6/2001, do 29 de xullo, de adecuación da normativa da Comunidade Autónoma de Galicia á Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de modificación da Lei 30/1992.

Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela cabe interpor recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia da dita orde xurisdicional no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da recepción da presente notificación, consonte o establecido no artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de que os interesados poidan executar o recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que ditou esta resolución, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da notificación.

O expediente completo está nas dependencias dos Servizos Centrais de Portos de Galicia, onde poderá ser examinado das 9.00 horas ás 14.00 horas.

E para que conste e lles sirva de notificación, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo a presente cédula.

Santiago de Compostela, 25 de xuño de 2014

José Ignacio Villar García
Director de Portos de Galicia