Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Mércores, 9 de xullo de 2014 Páx. 30728

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 6 de xuño de 2014, da Xerencia de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés, pola que se anuncia a contratación do servizo de transporte intercentros de persoas e mercadorías lixeiras entre os hospitais Montecelo e Provincial, mediante procedemento aberto, tramitación ordinaria e contratación documentalmente simplificada (AB-EIP1-14-013).

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para a obtención da información:

a) Organismo: Servizo Galego de Saúde. Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servizo de Contratación Administrativa.

c) Obtención de documentación e información:

1) Dependencia: Servizo de Contratación Administrativa.

2) Domicilio: avenida de Vigo, 16.

3) Localidade e código postal: Pontevedra, 36003.

4) Teléfono: 986 88 51 33.

5) Telefax: 986 88 58 85.

6) Correo electrónico: contratacionadministrativa.pontevedra@sergas.es

7) Enderezo da internet do perfil do contratante: www.sergas.es

8) Data límite de obtención de documentación e información: ata a data límite de presentación das ofertas, todos os días laborables, agás os sábados, das 9.00 ás 14.00 horas.

d) Número de expediente: AB-EIP1-14-013.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: administrativo de servizos.

b) Descrición: servizo de transporte intercentros de persoas e mercadorías lixeiras entre os hospitais Montecelo e Provincial, centros depedentes de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non.

d) Lugar de execución/entrega: Hospital Provincial e Hospital Montecelo.

1) Domicilio: rúa Loureiro Crespo, nº 2, e Mourente s/n Montecelo.

2) Localidade e código postal: Pontevedra, 36001 e 36071.

e) Prazo de execución/entrega: 24 meses.

f) Admisión de prórroga: si.

g) CPV (referencia de nomenclatura): 64121200-2; 60140000-1 e 60161000-4.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Criterios de adxudicación, se é o caso: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

4. Valor estimado do contrato: 203.408,83 €.

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 90.740,00 €. Importe total: 99.814,00 €.

6. Garantías exixidas:

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva (%): cinco por cento do importe de adxudicación, excluído o imposto sobre o valor engadido.

7. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación, se é o caso (grupo, subgrupo e categoría): ver prego de cláusulas administrativas particulares.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica ou profesional, se é o caso: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: antes das catorce (14.00) horas do décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia (no caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, rematará o día hábil seguinte) ou por correo na forma indicada no artigo 80 do Regulamento xeral de contratos das administracións públicas.

b) Modalidade de presentación: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1) Dependencia: Rexistro de Xestión Integrada de Pontevedra e O Salnés.

2) Domicilio: rúa Loureiro Crespo, 2.

3) Localidade e código postal: Pontevedra, 36001.

4) Enderezo electrónico: contratacionadministrativa.pontevedra@sergas.es

d) Número previsto de empresas ás cales se pretende invitar a presentar ofertas (procedemento restrinxido).

e) Admisión de variantes, se procede: non.

f) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: tres meses, desde a data de apertura das proposicións.

9. Apertura das ofertas:

a) Descrición: procederase á apertura dos sobres B e darase lectura ás propostas.

b) Enderezo: publicarase no perfil do contratante.

c) Localidade e código postal: Pontevedra, 36003.

d) Data e hora: a data e hora de realización da apertura dos sobres B publicaranse no perfil do contratante: www.sergas.es

10. Gastos de publicidade: por conta do adxudicatario ou adxudicatarios. Ver prego de cláusulas administrativas.

Pontevedra, 6 de xuño de 2014

P.D. (Artigo 5 da Orde do 5.7.2012)
José Manuel González Álvarez
Xerente de Xestión Integrada de Pontevedra