Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Mércores, 9 de xullo de 2014 Páx. 30732

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO de licitación para a contratación, a través de acordo marco cun único contratista, para a subministración sucesiva de asfalto.

Por Decreto da Alcaldía, do 17 de xuño de 2014, aprobáronse os pregos que rexen a licitación seguinte:

1. Entidade adxudicadora: Concello do Porriño (expediente 21/14).

2. Obxecto do contrato: acordo marco para a subministración sucesiva de asfalto.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e aberto.

4. Orzamento base de licitación: 90.000 €/anuais (74.380,17 € máis 15.619,83 € en concepto de IVE) e un prazo de execución dun (1) ano, con posibilidade de prórroga dun (1) ano.

5. Garantías: non se exixen, de conformidade co establecido no artigo 95 do TR-LSCP, ao tratarse da entrega de consumibles cuxa entrega e recepción se efectúa antes do pagamento do prezo.

6. Prazo de presentación das proposicións: quince (15) días naturais desde o día seguinte ao da última publicación deste anuncio no DOG, no BOP e no perfil do contratante do Concello do Porriño (www.contratosdegalicia.es).

7. Apertura das ofertas: segundo o establecido no prego de cláusulas administrativas particulares que rexen a licitación.

8. Gastos de anuncios: serán por conta do licitador que resulte adxudicatario.

9. Páxina onde figuran os datos da convocatoria: www.contratosdegalicia.es

O Porriño, 17 de xuño de 2014

José Nelson Santos Argibay
Alcalde