Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Mércores, 9 de xullo de 2014 Páx. 30733

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Porriño

ANUNCIO de licitación para a contratación, a través de acordo marco cun único contratista en cada lote, para a prestación do servizo de mantemento e reparación de vehículos e maquinaria de titularidade municipal.

Por Decreto da Alcaldía, do 18 de xuño de 2014, aprobáronse os pregos que rexen a licitación seguinte:

1. Entidade adxudicadora: Concello do Porriño (expediente 20/14).

2. Obxecto do contrato: acordo marco cun único contratista en cada lote, para a prestación do servizo de mantemento e reparación de vehículos e maquinaria de titularidade municipal.

3. Tramitación e procedemento de adxudicación: ordinaria e aberto.

4. Orzamento base de licitación: 47.000 € (IVE incluído); segundo a seguinte desagregación: lote 1: 20.000 €; lote 2: 10.000 €; lote 3: 10.000 €; lote 4: 7.000 €; polo prazo dun ano, con posibilidade de prórroga dun ano.

5. Garantías: garantía definitiva: 5 % do importe de adxudicación.

6. Prazo de presentación das proposicións: quince (15) días naturais desde o día seguinte ao da última publicación deste anuncio no DOG, no BOP e no perfil do contratante do Concello do Porriño (www.contratosdegalicia.es).

7. Apertura das ofertas: segundo o establecido no prego de cláusulas administrativas particulares que rexen a licitación.

8. Gastos de anuncios: serán por conta do licitador que resulte adxudicatario.

9. Páxina onde figuran os datos da convocatoria: www.contratosdegalicia.es

O Porriño, 18 de xuño de 2014

José Nelson Santos Argibay
Alcalde