Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 129 Mércores, 9 de xullo de 2014 Páx. 30724

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 25 de xuño de 2014 pola que se notifica a proposta de resolución do procedemento administrativo sancionador coa clave 13-08-14-55.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE nº 12, do 14 de xaneiro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle ao denunciado, cos datos persoais e último domicilio coñecido que no anexo se mencionan, mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia, a proposta de resolución do procedemento administrativo sancionador que se cita por presunta infracción do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante.

Para os efectos do disposto no artigo 58 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e no artigo 19 do Real decreto 1398/1993 polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, notifícase ao interesado a posta de manifesto dos documentos existentes no procedemento nas oficinas dos servizos centrais de Portos de Galicia sitos no Edif. de Área Central, Praza de Europa, 5-A, 6º, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, co fin de que poidan obter copia dos que estimen convenientes, concedéndolles, así mesmo, un prazo de 15 días contados desde o día seguinte ao da publicación da presente, para que formulen alegacións e presenten os documentos e informacións que xulguen pertinentes ante o instrutor.

O órgano competente para a resolución do expediente, de acordo coa tipificación e contía da sanción e en virtude do disposto no artigo 39.1.a) do Decreto 227/1995, do 20 de xullo (DOG nº 146, do 1 de agosto) é o director do ente público.

O pagamento voluntario porá fin ao expediente. O importe da sanción que en cada caso corresponda farase efectivo mediante ingreso en calquera oficina das entidades de depósito colaboradoras (Banco Gallego, Banco Pastor, Banesto, BBVA, BHS e Novagalicia Banco), empregando o modelo de impreso que se facilitará nos servizos centrais de Portos de Galicia e presentándoo en calquera entidade bancaria.

E para que conste e lle sirva de notificación, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo a presente cédula.

Santiago de Compostela, 25 de xuño de 2014

Jesús Javier Fernández Barro
Xefe de División Xurídica

ANEXO

Expediente

Denunciante

Denunciado

Último enderezo coñecido

Feito denunciado

Data-porto

Precepto infrinxido

Precepto sancionador

Sanción proposta

Sanc. 13-08-14-55

Celador do porto

Clemente Esmorís Souto.

Rúa Manuel Antonio, 3-A,

A Corveira,

15670 Culleredo

(A Coruña)

Atraque non autorizado

17.9.2013; 9.40 horas.

O Grove (Pontevedra)

Art. 306.1.a) do Real decreto lexislativo 2/2011 TRLPEMM.

Art. 19 da

OM 12.6.1976

Art. 312 do Real decreto lexislativo 2/2011 TRLPEMM

90,15 €