Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Martes, 8 de xullo de 2014 Páx. 30390

I. Disposicións xerais

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ORDE do 4 de xullo de 2014 pola que se regulan os prezos privados correspondentes á prestación de servizos polo Centro Superior de Hostalería de Galicia.

O Decreto 196/2012, de 27 de setembro, crea a Axencia Turismo de Galicia, que entre o seu obxecto atópase o impulso á innovación, investigación, formación e cualificación das empresas e profesionais do sector turístico. O Centro Superior de Hostalaría de Galicia (CSHG), dependente da Axencia de Turismo de Galicia, é un centro de ensinanza que forman directivos hostaleiros e xestores en cociña, e que ten tamén, entre as súas funcións, a de desenvolver a docencia e a investigación.

En consecuencia, resulta imprescindible determinar os diferentes servizos que se poden ofrecer, e para os cales deberán aplicarse prezos privados, de acordo co establecido na Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia.

O artigo 50 da Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, dispón que «son prezos privados as contraprestacións que obteñan os suxeitos a que se refire o artigo 3 desta lei pola prestación de servizos ou a realización de actividades efectuadas en réxime de dereito privado cando, prestándose tamén tales servizos ou actividades polo sector privado, sexan de solicitude voluntaria por parte dos administrados».

Así mesmo, o artigo 51 da referida lei establece que «os prezos privados serán fixados polas consellerías correspondentes, logo de informe favorable da de Economía e Facenda, atendendo ás condicións e circunstancias do mercado en que operen, sen prexuízo de que excepcionalmente poidan aplicarse subvencións reguladoras. Para estes efectos, a consellería correspondente remitirá á de Economía e Facenda o proxecto normativo xunto coa memoria económica en que se xustifiquen os aspectos anteriores. A norma que fixe estes prezos deberá ser publicada no Diario Oficial de Galicia.

Na súa virtude, vista a proposta formulada pola Axencia Turismo de Galicia e logo do informe favorable da Consellería de Facenda, esta consellería

DISPÓN:

Artigo 1. Obxecto

1. Esta orde ten por obxecto o establecemento dos prezos que se aplicarán polos servizos prestados polo CSHG e que se especifican no anexo da presente orde.

2. A cesión temporal das instalación do Centro Superior de Hostalaría de Galicia non poderá realizarse para actividades contrapostas aos fins do centro.

3. Tanto os restaurantes (Carta e Buffet) como a cafetaría son aulas docentes onde se imparte a materia correspondente a «prácticas». Consecuentemente, a elaboración das súas cartas (oferta gastronómica) está baseada nun plan de estudos e, polo tanto, a dita oferta poderá variar cada dous ou tres meses dependendo da práctica docente que se vaia realizar cos alumnos/as.

Artigo 2. Suxeitos obrigados ao pagamento

Son suxeitos obrigados ao pagamento as persoas físicas e xurídicas que soliciten ao Centro Superior de Hostalaría de Galicia, algún dos servizos que se especifican nesta orde.

Artigo 3. Contía dos prezos

1. Os prezos privados polos servizos prestados polo CSHG son os que figuran no anexo da presente orde.

2. Os prezos a que se refire esta orde veranse incrementados co IVE ao tipo xeral que estea vixente no momento da prestación do servizo.

Artigo 4. Actualización do prezo

Os prezos privados correspondentes os servizos establecidos nesta norma actualizaranse cada curso académico na mesma proporción que a variación interanual positiva experimentada polo Índice de Prezos ao Consumo (IPC) para a Comunidade Autónoma de Galicia no mes de xuño anterior ao do inicio de cada curso, mediante resolución da persoa titular da Dirección da Axencia de Turismo de Galicia

Artigo 5. Forma de liquidación e pagamento

1. O pagamento dos prezos deberá terse realizado no momento de presentar ante o CSHG a solicitude dalgún dos servizos, requisito previo e necesario para a prestación deste, axustándose ao establecido na normativa pola que se regula o procedemento de recadación voluntaria de taxas e prezos da Comunidade Autónoma de Galicia.

2. Os alumnos internos poderán aboar a totalidade dos prezos do aloxamento e manutención no momento de formalizar a matrícula, ou ben fraccionar o pagamento en dous prazos: 50 % no momento de formalizar a matrícula e o resto durante o mes de xaneiro do ano seguinte. En todo caso, deberá indicarse no impreso correspondente a opción elixida. No caso de que ao alumno lle sexa concedida beca, non se poderá fraccionar o pagamento.

En ningún caso se poderá separar o aloxamento da manutención.

3. O prezo do Menu da Aula Restaurante Carta, excepto as bebidas, será do 50 % para o persoal da Xunta de Galicia e para os alumnos matriculados no Centro.

Disposición derrogatoria única

Quedan derrogadas cantas normas de igual ou inferior rango sexan contrarias ao disposto nesta disposición.

Disposición derradeira única. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, e os prezos fixados no anexo serán de aplicación no curso académico 2014/15.

Santiago de Compostela, 4 de xullo de 2014

Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANEXO
Prezos privados servizos

Alumnos propios CSHG

Concepto

€/ud.

Manutención alumno interno (curso)

1.138,71

Aloxamento en réxime habitación dobre (curso)

2.288,55

Aloxamento en réxime habitación individual (curso)

4.397,65

Concepto

€/ud.

Fianza réxime interno (curso)

250,00

Fianza armario

30,00

Duplicados tarxeta alumno

4,95

Fotocopias (100 uds.)

1,24

Carnet manipulador alimentos

13,22

Certificado académico simple

19,01

Certificado académico con programas

59,50

Expedición de título académico

123,10

Alumnos outros centros

Concepto

Docencia

5.192,00

Manutención alumno interno

1.636,36

Aloxamento en réxime habitación dobre

818,18

Aloxamento en réxime habitación individual

1.909,09

Uso da residencia

Concepto

€/ud.

Pensión completa (mes)

600,00

Aloxamento (mes)

400,00

Pensión completa (semana)

200,00

Aloxamento (semana)

140,00

Uso de instalacións

Concepto

€/ud.

Pista de tenis (mes)

80,00

Aula cociña demostración (media xornada)

330,58

Aula cociña demostración (xornada completa)

661,16

Aula cata (media xornada)

330,58

Aula cata (xornada completa)

661,16

Aula cociñas (por evento)

4.958,68

Consultoría e formación

Servizos de Consultoría

€/hora

Deseño cursos de formación

240,00

Asesoramento instalacións hostaleiras

150,00

Prezo consultoría Galicia

150,00

Prezo consultoría nacional*

180,00

Prezo consultoría internacional*

220,00

Taller de cociña (2 horas)

300,00

Taller cociña + degustación 10 pax (4 horas)

1.200,00

Elaboración de receitas

200,00

Servizos de formación

€/hora

Impartición de hora de formación en CSHG

90,00

Impartición de hora de formación nacional *

131,00

Impartición de hora de formación internacional *

160,00

Aula cafetaría

Concepto

– Refrescos, zumes, auga mineral

Refrescos

1,09

Zumes (laranxa, pexego, piña, tomate)

1,09

Auga mineral 1/3

0,73

– Cervexas

Con alcohol

1,36

Sen alcohol

0,90

– Cafés, chocolates, infusións

Só, cortado, con leite, descafeinado

0,82

Só dobre

1,09

Capuchino

1,14

Chocolate, Cola Cao

0,82

Infusións (macela, poleo, té, tila ou similar)

0,72

Concepto

– Pinchos e bolaría

Chapatas

1,36

Pincho de tortilla

1,36

Porción de pizza

1,36

Bolaría

0,72

Especialidade (pincho da semana)

1,36

Tumaka

1,09

– Suxestións

Sandwich mixto

1,59

Sandwich vexetal

1,59

Tortiñas con nata

0,90

Torradas

0,90

Batidos naturais

0,90

Aula restaurante buffet

Concepto

€/ud.

– Menú do día

Menú (con tarxeta)

4,32

Menú (sen tarxeta)

5,00

– Refrescos, auga mineral

Refrescos

1,00

Auga mineral 1/3

0,73

– Cervexas

Con alcohol

1,00

Sen alcohol

1,00

– Cafés, infusións

Só, cortado, con Leite, descafeinado

0,82

Infusións (macela, poleo, té, tila)

0,72

– Viños

Botella de 18’75 cl.

1,41

Aula restaurante carta

Concepto

€/ud.

Menú degustación sen bebida

Menú degustación con bebida

20,45

– Entrantes

Foie mariñado

8,90

Panada de zamburiñas

5,70

Boliños de bacallau

4,00

Polbo á tixola

9,10

Risoto de fungos

8,30

Revolto de langostinos

8,30

– Prato principal

Pescada

11,30

Linguado

14,70

Tataki de salmón

12,00

Solombo porco ibérico

11,30

Carrilleira de tenreira

10,90

Paleta de cordeiro

14,00

– Postres

Compota de mazá

3,30

Coulant de chocolate

3,50

Touciño de ceo

2,60

Salada de froitas

2,20

Tarta de requeixo

2,90

Táboa de queixos

3,50

– Carta de bebidas espirituosas

Aperitivos

Alfonso Oloroso

1,05

Manzanilla Rocío

1,80

Olivares Dulce

3,40

Alvear Pedro Ximénez

1,90

Pedro Ximénez PX

2,10

Burmester 10

3,10

Concepto

€/ud.

Oremus Tokaji

3,80

Ochoa Moscatel

1,40

Seara D´Ordens

1,20

Offey Ruby Porto

1,20

Tío Pepe

1,05

Costeira tostado

5,10

Campari

1,60

Fernet Branca

1,20

Ricard

1,60

Martini Bianco

1,00

Martini Rosso

1,00

Martini Seco

1,00

Manzanilla la Guita

1,00

– Brandys e cognacs

Armagnac

3,50

Carlos I

5,70

Carlos III

2,30

Duque de Alba

5,20

Larios 1866

7,10

Lepanto

5,70

Magno

2,20

Torres 10

2,60

Torres 5

1,60

Cardenal Mendoza

5,30

Courvoisier

8,00

Hehessey

5,30

Martell

6,30

Remy Martin

7,90

– Gin, Ron, Vodkas

Bacardi 5

3,20

Bacardi 8

3,20

Xinebra Beefeater

2,10

Concepto

€/ud.

Bombay

2,90

Gordons

1,50

Larios

1,32

Tanqueray

2,60

Ron Bacardi

1,80

Cacique

3,00

Habana 3 anos

2,07

Habana 7 anos

4,50

Absolut

2,90

Eristoff

1,30

Moskoskaya

1,80

– Licores

Benedictine

1,10

Carolans

2,32

Cointrau

3,40

Drambuie

3,90

Grand marnier amarelo

4,60

Grand marnier vermello

4,10

Frangélico

2,90

Licor de pexego tilford

1,40

Licor 43

1,90

Baileys

2,90

Kahlúa

2,90

Manzana Tilfrod

1,40

Maria Brizard

1,30

Pacharán

1,40

Tía María

3,04

– Wiskys

Knokando

5,70

Ballantines 15

5,10

Ballantines 5

2,60

Canadian Club

3,00

Concepto

€/ud.

Chivas 12

5,30

Chivas 21

18,00

Four Roses

2,86

Glenmficcich

5,40

Cardhu

5,50

JB 5

2,60

JB 15

5,18

Jack Daniels

4,00

Jim Bean

3,90

Johnnie W Black

4,50

Johnnie W Red

2,11

White Label

2,20

– Outros espirituosos

Calvados

5,80

Kirsch

1,70

Marc de Champagne

3,90

Oruxo branco M. Codax

2,30

Oruxo Condes de Albarei

3,90

Oruxo herbas M. Codax

2,60

Oruxo Lua

2,80

Oruxo Pazo Señoráns

3,00

Pera Williams

6,10

Tequila

2,90

Oruxo branco Ulla

2,80

Oruxo herbas Ulla

2,40

Oruxo café Pazo Casanova

2,40

Crema de Oruxo

2,50

– Cocktails

Alexandra

3,30

Americano

3,30

Bloody Mary

5,20

Dry Martini

2,20

Gimlet

1,80

Concepto

€/ud.

Manjattan

5,80

Negroni

3,00

Presidente

1,80

Vodkatini

3,50

– Carta de cafés prezos

Descafeinado Colom

1,00

Brasil S.M.

1,00

Colombia Supremo

1,00

Moca Etiopía

1,00

Bluemontain

2,31

Café só

0,83

Café cortado

0,94

Café leite

0,95

Café dobre

1,25

Manzanilla

0,71

0,71

Tila

0,71

Descafeinado sobre

0,83

Poleo menta

0,71

Tés especiais

0,71

– Carta de viños prezos

Pazo Señoráns

11,09

Terras Gauda

10,94

Enxebre

10,73

Viña Somoza

9,38

Valmiñor 37 cl.

6,35

Ladairo

7,46

Casal de Armán

10,27

Vilerma

9,48

Pazo Casanova

9,90

Guitian

14,22

Viña Godeval

8,83

Concepto

€/ud.

Viñas del Vero Char

8,27

Enate Gewurtrami

10,36

Protos

6,67

Waltraud

13,00

Santa Digna Rosé

7,50

Porvide

10,39

Pagos del Galir

12,50

Vía Romana

7,42

Algueira barrica

12,00

Enate

10,23

Ceres

10,21

Arzuaga

14,47

Atrium

8,86

Campillo

10,99

Remelluri

12,63

Herencia Rem. 37 cl.

5,93

Herencia Rem. 75 cl.

11,00

Beronia

11,31

Santa Digna

8,27

Condes de Haro

13,33

Codorniu Pinot Noir

12,63

Ana de Codorniu

10,57

Areus (Sauternes)

11,91

– Carta de refrescos prezos

Bitter Kas

1,73

Auga litro

1,47

Auga 1/3

0,72

Refrescos

1,00

Mosto

1,03

Zume tomate

1,35

Zume laranxa natural

1,55

Cervexas

1,37

Cervexas sen alcohol

1,05