Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Xoves, 3 de xullo de 2014 Páx. 29802

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ORDE do 16 de xuño de 2014 pola que se modifica a autorización da escola de danza privada The Ballet Studio, do concello de Santiago de Compostela.

Por Orde desta consellería do 6 de outubro de 1994, publicada no DOG do 19 de outubro, autorízase a apertura e funcionamento da escola de danza privada The Ballet Studio, do concello de Santiago de Compostela.

Mediante escritura pública notarial outorgada ante o notario José Manuel Amigo Vázquez, as persoas titulares do centro docente, Mª Dolores Fojón Polanco e Mª Dolores Mayán Rubio, ceden a titularidade a favor de BS Danza, Sociedad Limitada.

A representante da titularidade solicita a modificación da autorización do centro docente por cambio da súa denominación específica e titularidade, que pasan a ser BSdanza, e BS Danza, Sociedad Limitada, respectivamente.

Por isto, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Primeiro. Modificar a autorización da escola de danza privada que a seguir se detalla, por cambio da súa denominación específica e titularidade:

– Denominación específica: BSdanza.

– Titular: BS Danza, Sociedad Limitada.

– Código do centro: 15027447.

O cambio de titularidade non afectará o réxime de funcionamento do centro.

Segundo. Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Escolas de Música e Danza da Comunidade Autónoma de Galicia.

Terceiro. O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que se sinalan nesta orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición ante esta consellería, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben, directamente, o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 16 de xuño de 2014

Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria