Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Mércores, 2 de xullo de 2014 Páx. 29720

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (5376/2012).

M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento recurso suplicación 5376/2012, en que foi recorrente Televisión de Galicia, S.A., Compañía de Radiotelevisión de Galicia, e recorridos Vedior Trabajo Temporal E.T.T., S.A., Laborman Trabajo Temporal ETT, S.A., Laborman Empresa de Trabajo Temporal, S.A., People Trabajo Temporal ETT, S.A. (agora Sesa Star España ETT, S.A.), Sesa Start España ETT, S.A.U. (actualmente Unique Ett Interim, S.A.U.), People Galicia, S.L. ETT, P&P Azafatas, S.L., Vanenfurgo, S.L., Azanova Pardo, S.L. (antes Azanova Aruna, S.L.), Izfs-Inova, S.L., Nuria Carmen Pardo Ciorraga Barros, Rosa María Portela Pazos, sobre outros dereitos seguridade social, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva é do seguinte teor literal:

Resolvemos que desestimando o recurso de suplicación interposto por Televisión de Galicia, S.A. e Compañía de Radio Televisión de Galicia, S.A. contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, nos presentes autos tramitados por instancia de Nuria Carmen Prado Ciorraga Barros fronte a Televisión de Galicia, S.A., e Compañía de Radio Televisión de Galicia, S.A. e outros, debemos confirmar e confirmamos a dita sentenza, con imposición á recorrente das custas causadas polo seu recurso, que incluirán a cantidade de 500 euros en concepto de honorarios do letrado da parte impugnante.

E déase aos depósitos e consignacións constituídos para recorrer o destino legal, unha vez que sexa firme a presente resolución.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e fágaselles saber que contra ela só cabe recurso de casación para a unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social dentro dos dez días seguintes ao da notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 218 e seguintes da Lei de procedemento laboral. Se a recorrente non está exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na conta corrente desta sala no banco Banesto,
nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na conta desta sala nº. 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

E para que así conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que sirva de notificación en forma a People Galicia S.L. ETT e Azfs-Inova, S.L. actualmente en ignorado paradoiro, con últimos domicilios coñecidos, respectivamente, na rúa Senra, 19, 1º A e rúa Fernando III O Santo, 32, baixo, ambos os dous de Santiago de Compostela (A Coruña), coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que sexan auto ou sentenza ou cando se trate de emprazamento, expido e asino este edicto.

A Coruña, 5 de xuño de 2014

A secretaria xudicial