Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Mércores, 2 de xullo de 2014 Páx. 29722

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Ourense

EDICTO (1007/2013).

María Dolores Prieto Rascado, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Ourense, fago saber que nos autos de xuízo ordinario 1007/2013 arriba sinalado se ditou sentenza cuxo encabezamento e parte dispositiva din así:

Sentenza.

Ourense, 4 de abril de 2014.

Vistos por María José González Movilla, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 3 dos de Ourense e o seu partido xudicial, os presentes autos de xuízo ordinario número 1007/2013, sobre reclamación de cantidade, promovidos por instancia da entidade Gam España Servicios de Maquinaria, S.L., representada polo procurador Sr. Rúa Sobrino, asistida pola letrada Sra. Osa Otero, contra a entidade Obycon Ourense, S.L., en situación de rebeldía neste procedemento.

Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito.

Decido que, estimando a demanda formulada pola representación da entidade Gam España Servicios de Maquinaria, S.L., contra a entidade Obycon Ourense, S.L., debo condenar e condeno a demandada a aboar á demandante a cantidade de trinta e seis mil oitenta e seis euros e setenta e nove céntimos, máis os xuros devindicados pola devandita suma computados conforme a Lei 3/2004, do 29 de decembro, pola que se establecen medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais, impoñendo expresamente á demandada as custas deste procedemento.

Contra a presente resolución cabe interpoñer recurso de apelación na forma prevista nos artigos 455 e seguintes da Lei de axuizamento civil.

Así por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que conste e sirva de notificación en forma á entidade demandada Obycon Ourense, S.L., en paradoiro ignorado, declarada en rebeldía, expido e asino o presente edicto.

Ourense, 30 de maio de 2014

A secretaria xudicial