Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Mércores, 2 de xullo de 2014 Páx. 29718

IV. Oposicións e concursos

Universidade da Coruña

RESOLUCIÓN do 26 de xuño de 2014 pola que se nomean funcionarios/as de carreira da escala de técnicos de xestión da Universidade da Coruña, polo sistema de promoción interna.

Vista a proposta elevada polo tribunal cualificador das probas selectivas para o ingreso, polo sistema de promoción interna, na escala de técnicos de xestión da Universidade da Coruña, convocadas por Resolución do 23 de abril de 2013 (DOG do 7 de maio).

Verificada a concorrencia nos/as aspirantes aprobados/as dos requisitos exixidos nas bases da convocatoria.

De acordo co disposto no Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia; no Decreto 95/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de selección do persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia; na Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades, modificada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril, nos estatutos da Universidade da Coruña, no uso das atribucións conferidas no artigo 40 dos estatutos desta universidade, aprobados polo Decreto 101/2004, do 13 de maio (DOG do 26 de maio), modificados polo Decreto 194/2007, do 11 de outubro, e da delegación de competencias operada por Resolución do 16 de xaneiro de 2012, esta xerencia

RESOLVE:

Primeiro. Nomear funcionaria de carreira da escala de técnicos de xestión da Universidade da Coruña a aspirante aprobada polo sistema de promoción interna que se relacionan no anexo.

Segundo. Para adquirir a condición de funcionaria de carreira, a persoa que se relaciona deberá cumprir os requisitos exixidos no artigo 47 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia, e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, os/as interesados/as poderán interpoñer recurso contencioso-administrativo de conformidade co establecido na Lei reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, dentro do prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 26 de xuño de 2014

Juan Manuel Díaz Villoslada
Xerente da Universidade da Coruña

ANEXO

DNI

1º apelido

2º apelido

Nome

Puntuación total

33258045E

Lourido

Alonso

María Gisela

99,95