Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Mércores, 2 de xullo de 2014 Páx. 29716

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 26 de xuño de 2014, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas.

Na sesión que tivo lugar o día 26 de xuño de 2014, o tribunal nomeado pola Orde do 7 de abril de 2014 (DOG núm. 79, do 25 de abril) designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala técnica de finanzas, convocado pola Orde do 16 de xullo de 2013 (DOG núm. 140, do 24 de xullo), e de conformidade co disposto nas bases da convocatoria, adoptou os seguintes acordos:

Primeiro. De acordo co establecido na base II.1.1.1 da orde da convocatoria, superaron o primeiro exercicio os aspirantes que obtiveron unha puntuación mínima de dez (10) puntos, fixándose en sesenta e catro (64) o número de respostas correctas para acadar a dita puntuación, unha vez feitas as deducións previstas na mesma base.

Así mesmo, acordouse fixar en cincuenta e oito (58) o número de respostas exixidas para acadar a puntuación mínima de dez (10) puntos aos aspirantes da quenda prevista na base I.1.2., unha vez feitas as deducións previstas.

Segundo. Realizar os trámites oportunos para publicar as puntuacións obtidas polos aspirantes que se presentaron ao primeiro exercicio no lugar onde se realizou o exercicio, no taboleiro de anuncios do Servizo de Información e Atención ao Cidadán da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, e na páxina web da Xunta de Galicia (www.xunta.es).

Terceiro. De acordo co disposto na base II.2.7 da orde da convocatoria, os aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas en relación coas puntuacións no prazo de 10 días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. De conformidade co disposto na base IV.13 da convocatoria, contra este acordo poderá interpoñerse recurso de alzada nos termos previstos nos artigos 114 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 26 de xuño de 2014

Víctor Martínez Lago
Presidente do tribunal