Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Xoves, 26 de xuño de 2014 Páx. 29005

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Xinzo de Limia

ANUNCIO da aprobación inicial do estudo de detalle na avenida de Ourense, esquina pista dos Castros.

Aprobado inicialmente o 2 de xuño de 2014 o expediente do estudo de detalle de iniciativa privada de reordenación de volumes e edificabilidade dunha superficie na avenida de Ourense, 130, esquina pista dos Castros, da vila de Xinzo de Limia, elaborado en decembro de 2011 polo arquitecto J. Javier Abelairas Rey, en febreiro de 2005, e por iniciativa privada, promóvese o desenvolvemento da ordenación do sector SU-1 mediante o correspondente plan parcial. Este plan parcial contén entre súas determinacións a reserva de dúas parcelas para equipamento dotacional e terciario de titularidade privada e uso preferentemente comercial. Unha destas parcelas ten á fronte a pista dos Castros e nela levouse a cabo a construción dunha nave (licenza de obras do 24.1.2011) destinada a supermercado. No ámbito de actuación sitúase nunha zona en que o tecido urbano, aínda que está ben definido polo PXOM, non se atopa totalmente edificado, e é susceptible dunha reordenación volumétrica que se circunscribe a dúas parcelas: a referida no parágrafo anterior e o predio acaroado a esta situado na confluencia da avenida de Ourense e a pista dos Castros e numerada co 130 dos da avenida de Ourense. Estes predios están citados como A e B, respectivamente, no documento referido. Todo o ámbito de actuación do estudo de detalle son, pois, solos urbanos consolidados. O estudo de detalle pretende a reordenación dunha superficie total de 3.647 m2. O estudo de detalle desenvolvido pola iniciativa particular de Promociones Mallón Vilas I, S.L. pretende a reordenación dos volumes para evitar a aparición de grandes medianeiras, pois coa ordenación actual aparecería unha fachada cega de 5 alturas; a reordenación proposta «unha transición proporcionada entre os volumes do solo residencial e o solo dotacional», persigue en palabras do técnico redactor da proposta. Como resultado, proponse no soar de esquina un volume de marcada horizontalidade como contraposición ao volume vertical que se configura na avenida de Ourense. Esta nova ordenación xera que a fronte de 5 alturas quede dividida en dous saltos, un de dúas alturas cara ao soar dotacional e outro de tres alturas na avenida de Ourense. A reordenación prevista supón a seguinte reordenación de volumes e edificabilidade:

Estado actual

Proposta

Soar A

Superficie bruta

2.084 m2

2.084 m2

Cesión

0 m2

0 m2

Edificabilidade

4.000 m2

7.048 m2

Soar B

Superficie

13.563 m2

13.563 m2

Cesión

215 m2

215 m2

Edificabilidade

5.744 m2

2.696 m2

En consecuencia, a reordenación de volumes supón unha diminución de edificabilidade residencial no soar B 3.048 m2, este é o mesmo incremento de edificabilidade que se traslada á parcela A.

En cumprimento do Acordo da Xunta de Goberno Local, do 2 de xuño de 2014, e do artigo 86.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, sométese o expediente a información pública polo prazo de vinte días, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o período de información pública quedará o expediente á disposición de calquera que queira examinalo, para os efectos de que se presenten as alegacións e suxestións que se consideren pertinentes.

A aprobación inicial do estudo de detalle comporta a suspensión do outorgamento de licenzas no ámbito afectado por el, suspensión que se extinguirá coa aprobación definitiva do estudo de detalle.

Xinzo de Limia, 3 de xuño de 2014

Antonio Pérez Rodríguez
Alcalde