Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Xoves, 26 de xuño de 2014 Páx. 29004

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Melide

ANUNCIO de aprobación definitiva do Plan de sectorización do sector do solo apto para urbanizar número 2 na rúa Martagona.

Por Acordo do Pleno do Concello de Melide, na súa sesión do 16 de maio de 2014, aprobouse definitivamente o Plan de sectorización do sector do solo apto para urbanizar nº 2 na rúa Martagona (Melide), contido no documento para a aprobación definitiva do Plan de sectorización do sector do solo apto para urbanizar nº 2 na rúa Martagona (Melide). Promotores: señores Cardelle, Pichel, López Nuevo, Frade e Pintor. Autores: Mario Iglesias Rodríguez, COAG 2769; Cristina Aguado Gómez, COL. 3909; Rubén Cobas Fernández, COL.723. Agosto 2012.

O que se fai público de conformidade co establecido no artigo 92.2 da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

Así mesmo, faise constar que o dito acordo aprobatorio, así como dous exemplares deste plan de sectorización, se remitiron con data do 3 de xuño de 2014, á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, para os efectos previstos no punto 3 do artigo 92 citado.

Contra este acordo non se poderá recorrer en vía administrativa, senón tan só a través do correspondente recurso contencioso-administrativo, de conformidade cos artigos 107.3 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e 85.11 da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

O prazo para interpoñer o recurso contencioso-administrativo é de dous meses contados desde o día seguinte ao da última publicación deste anuncio, e deberá presentalo, perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo da Coruña ou a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, segundo a distribución competencial establecida nos artigos 8 e 10 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Melide, 4 de xuño de 2014

Mª Ángeles Vázquez Mejuto
Alcaldesa