Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Xoves, 26 de xuño de 2014 Páx. 28930

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 10 de xuño de 2014, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo P.A. 159/2014, interposto por Fernando Rodríguez Espasandín e outra.

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu da Sala do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Santiago de Compostela providencia pola que se admite a trámite o recurso contencioso-administrativo P.A. 159/2014, interposto por Fernando Rodríguez Espasandín e Laura Rodríguez Espasandín, contra as resolucións da Dirección Xeral da Función Pública do 17 de decembro polas que se lles inadmiten os recursos de reposición contra a Resolución do 31 de outubro de 2013 pola que se ordena a publicación do acordo do Consello da Xunta de Galicia polo que se aproba a relación de postos de traballo da Axencia Galega de Innovación.

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo ao referido xulgado. O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 1 de Santiago de Compostela no prazo de nove días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de xuño de 2014

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública