Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Xoves, 26 de xuño de 2014 Páx. 28928

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 6 de xuño de 2014, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións, Públicas e Xustiza, pola que se fai pública a formalización do contrato tramitado polo procedemento aberto, tramitación ordinaria e anticipada de gasto, para a contratación dun servizo de prevención alleo para a seguridade no traballo e vixilancia da saúde na Administración xeral da Xunta de Galicia.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Número do expediente: 2014-SESE 03–PL.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=20029

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato administrativo de servizos.

b) Descrición: prestación dun servizo de prevención alleo para a seguridade no traballo e vixilancia da saúde na Administración xeral da Xunta de Galicia.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: non leva lotes.

d) CPV: 85121100-4 Servizos de medicina xeral.

e) Medio de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de Galicia.

f) Data de publicación do anuncio de licitación: 30 de xaneiro de 2014.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria e anticipada de gasto.

b) Procedemento: aberto.

4. Valor estimado do contrato: 1.690.000,00 €, IVE excluído (valor incial máis as posibles prórrogas).

5. Orzamento base de licitación:

Importe neto: 845.000,00 €.

Importe total: 891.200,00 €.

6. Formalización do contrato:

a) Data de adxudicación: 14 de maio de 2014.

b) Data da formalización do contrato: 5 de xuño de 2014.

c) Contratista: Mugatra Sociedad de Prevención, S.L.U.

d) Importe de adxudicación:

Importe neto: 765.600,00 €.

Importe total: 806.424,00 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa.

Santiago de Compostela, 6 de xuño de 2014

Beatriz Cuiña Barja
Secretaria xeral técnica de la Consellería de Presidencia,
Administracións Públicas e Xustiza