Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Xoves, 26 de xuño de 2014 Páx. 28926

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Oviedo

EDICTO (649/2012).

Xuízo verbal 649/2012.

Sobre: outras materias.

Demandante: C.P. Pérez de Ayala 16, C.P. Robledo 9 Pola de Lena, C.P. Robledo 9 Pola de Lena.

Procuradora: Alicia Sánchez-Arjona Iglesias.

Avogado: Henar González González.

Demandados: Eseu 24, S.L., Asefa Seguros, Asefa Seguros.

Procuradores: (…), Antonio Sastre Quiros.

Avogados: (…), José Luis Rodríguez Tejon.

Neste Xulgado de Primeira Instancia número 1 de Oviedo tramítase o procedemento de xuízo verbal número 649/2012 por instancia das comunidades de propietarios C.P. Robledo 9 e C.P. Pérez de Ayala, de Pola de Lena, contra Eseu 24, S.L. e Asefa Seguros, no cal con data dezaseis de setembro de dous mil trece se ditou a sentenza cuxo encabezamento e parte dispositiva din:

Sentenza: 167/2013.

Procedemento: xuízo verbal 649/2012.

Antecedentes de feito:

Primeiro. O 30 de xullo de 2012 tivo entrada neste xulgado demanda de xuízo verbal, formulada pola comunidade de propietarios da rúa Pérez de Ayala número 16 e a rúa Robledo número 9, de Pola de Lena, fronte aos demandados identificados no encabezamento desta resolución, en que se pregaba que se dite sentenza na cal se condene a demandada á reparación dos danos da obra, de forma que se consiga unha impermeabilización óptima do patio e se eliminen as filtracións, aínda presentes no cocheira 19 e as humidades do piso 1º dereita da rúa Pérez de Ayala 16; subsidiariamente, que se condene as demandadas a pagar á demandada 4.570 euros, todo iso con imposición de custas ás demandadas.

Segundo. Citáronse as partes para a realización da vista, que, tras unha suspensión previa, tivo lugar o día 2 de xullo de 2013, á cal compareceron a parte demanante e Asefa, e non o fixo Eseu 24, S.L., que foi declarada en rebeldía; Asefa opúxose ás pretensións da demandante. Na fase de proposición de proba as partes propuxeron documental, interrogatorio de parte, testifical e pericial, practicouse a que foi admitida e quedaron os autos vistos para sentenza.

Decisión:

Que estimando a demanda interposta pola comunidade de propietarios da rúa Pérez de Ayala número 16 e a rúa Robledo número 9, de Pola de Lena, fronte a Eseu 24, S.L., condeno a demandada á reparación dos danos da obra, de forma que se consiga unha impermeabilización óptima do patio e se eliminen as filtracións, aínda presentes na cocheira 19 e as humidades do piso 1º dereita da rúa Pérez de Ayala 16.

Que desestimando a demanda interposta pola comunidade de propietarios da rúa Pérez de Ayala número 16 e a rúa Robledo número 9, de Pola de Lena, fronte a Asefa, absolvo a demandada das pretensións fronte a ela deducidas.

Imponse a Eseu 24, S.L. o aboamento das custas devindicadas pola demandante e a esta o pagamento das devindicadas por Asefa.

E para que conste e lle sirva de notificación ao demandado Eseu 24, S.L., en paradoiro descoñecido, e ser publicada no Diario Oficial de Galicia, e a súa entrega á representación da parte demandante para o seu dilixenciamiento, expido e asino o presente edicto.

Oviedo, 10 de abril de 2014