Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Xoves, 26 de xuño de 2014 Páx. 28931

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

CÉDULA do 5 de xuño de 2014, do Servizo de Mobilidade da Coruña, pola que se notifican as resolucións ditadas nos expedientes sancionadores en materia de transportes terrestres devoltas polo servizo de Correos porque, intentada a notificación, non se puido efectuar (expediente XC-00585-O-2014).

De conformidade co disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícanselles ás persoas que a seguir se relacionan as resolucións que o xefe territorial ditou nos expedientes sancionadores instruídos por infracción da normativa sobre transporte terrestre porque, intentada a notificación, non se puido efectuar.

Infórmaselles que contra a dita resolución, que non é definitiva na vía administrativa, cabe recurso de alzada ante o director xeral de Mobilidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula.

As sancións impostas foron aboadas anticipadamente cunha redución do seu importe conforme o previsto no artigo 146.3 da Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres.

Para que conste e lles sirva de notificación aos interesados, asino e selo esta cédula.

A Coruña, 5 de xuño de 2014

César Concheiro Ceide
Xefe do Servizo de Mobilidade da Coruña

ANEXO

Expediente

Matrícula

Denunciante

Persoa sancionada

DNI/CIF

Último enderezo coñecido

Infracción cometida

Data-Hora-Estrada-p.q.

Precepto cualificador

Precepto sancionador

Sanción imposta

XC-00585-O-2014

0290-GMG

Garda Civil 1501 I92933X

Hermanos Pallas, S.L.

B15060320

Tablilla, s/n

15185 Cerceda, A Coruña

Diminución do descanso diario reducido (sobre 9 horas). Igual ou superior a 8 horas e inferior a 9 horas.

10.10.2013; 9.30.00; AC-552; 20

Art. 142.17 LOTT

Art. 143.1.a) LOTT

Art. 143.4.b) LOTT

100 euros