Con data do 14 de maio de 2014, a xefa territorial da Consellería de Sanidade ditou acordo de inicio do expediente sancionador 2014144AL-CO incoado a María José Gómez Martín.
Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e ao abeiro do disposto no número 5 do dito artigo, notifícaselle a María José Gómez Martín o contido do dito acordo de inicio que figura como anexo para que poida ter coñecemento del.
Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste, ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 16 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións, ante a xefatura territorial, no prazo de quince (15) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias da xefatura, sita na rúa Durán Loriga, 3, A Coruña, e a obter, se é o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.
Advírteselle que, no caso de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, o acordo de inicio se considerará proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do Real decreto 1398/1993.
Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.
A Coruña, 4 de xuño de 2014
Cristina Pérez Fernández
Xefa territorial da Coruña
ANEXO
Nº de expediente: 2014144AL-CO.
Interesada: María José Gómez Martín (Café Bar Koptel).
DNI/NIF/CIF: 33286532N.
Último enderezo coñecido: avenida A Mahía, 43, Bertamiráns,15122 Ames.
Feitos imputados: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.
Artigos infrinxidos:
– Regulamento (CE) 852/2004 do 29 de abril, do Parlamento Europeo e do Consello, sobre normas específicas de hixiene dos alimentos de orixe animal (DO núm. 139, do 30 de abril de 2004; rectif. DO nº 204, do 4 agosto de 2007). Anexo II. Requisitos hixiénicos xerais aplicables a todos os operadores de empresa alimentaria (agás se é de aplicación o anexo I). Capítulo XII. 1) e 2).
– Lei 17/2011, do 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición (BOE nº 160, do 6 de xullo). Artigo 50.1.e), artigo 51.1 e artigo 52.1º.a).
Tipificación provisional: leve.
Sanción proposta: 90 €.