Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Xoves, 26 de xuño de 2014 Páx. 28978

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 4 de xuño de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador 2014031TA-CO por infraccións en materia sanitaria.

Coa data do 14 de maio de 2014, o/a instrutor/a do procedemento ditou proposta de resolución do expediente sancionador 2014031TA-CO, incoado na Xefatura Territorial da Coruña a Napket Hotels Spain, S.L.

Intentada a notificación da proposta de resolución segundo o disposto no artigo 59.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e ao abeiro do disposto no número 5 do dito artigo, notifícaselle a Napket Hotels Spain, S.L. o contido da dita proposta de resolución, que figura como anexo, para que poida ter coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste, ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións, ante a xefatura territorial, no prazo de quince (15) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente depositado nas dependencias da xefatura, sita na rúa Durán Loriga, 3, A Coruña, e a obter, se é o caso, copia do expediente, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

A Coruña, 4 de xuño de 2014

Cristina Pérez Fernández
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente: 2014031TA-CO.

Interesada: Napket Hotels Spain, S.L. (Marita Ron).

DNI/NIF/CIF: B70261656.

Último enderezo coñecido: rúa Cantón Pequeno, 23, baixo,15003 A Coruña.

Feito/s imputado/s: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Artigo/s infrinxido/s:

-– Lei 28/2005, do 26 de decembro, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco, modificada pola Lei 42/2010, do 30 de decembro. Artigo 2.2º, artigo 4.d), artigo 7.u), artigo 19.1.3.b).m) e artigo 20.1º.

Tipificación provisional: grave.

Sanción proposta: 875 €.