Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Xoves, 26 de xuño de 2014 Páx. 28975

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

ANUNCIO do 9 de xuño de 2014, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, polo que se empraza o interesado para ser notificado por comparecencia no expediente R.S. 01/14.

De conformidade co disposto nos artigos 59.5, 60 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, logo de intentada a notificación persoal, nunha ocasión por medio de burofax e en dúas con cartas con aviso de recibo no último domicilio coñecido do interesado, non foi posible a súa práctica. Xa que logo, emprázase a persoa que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

A comparecencia deberá efectuarse no Servizo de Xestión Económica e Educación de Adultos, Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, sita no Edificio Administrativo de San Caetano, bloque 3, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de quince días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 9 de xuño de 2014

Manuel Corredoira López
Director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa

ANEXO

Expediente: R.S. 01/14.

Interesado: Luis Otero García.

Último enderezo coñecido: praza de Ourense, 35, 5º C, 27004 Lugo.

Acto de notificación: reintegro de subvención.