Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Mércores, 25 de xuño de 2014 Páx. 28691

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Lugo

CÉDULA de notificación de sentenza (500/2013-E).

María José Núñez Abeledo, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Lugo, anuncio que no presente procedemento seguido por instancia de María Oliva Pernas Carballés contra Marcelino Rubinos Torres foi pronunciada sentenza cuxo encabezamento e parte dispositiva din o seguinte:

«Sentenza 72/14.

Xuíz que a pronuncia: xuíz Freire Calvo.

Lugar: Lugo.

Data: 19 de marzo de 2014.

Demandante: María Oliva Pernas Carballés.

Avogada: Apolinar Gómez Roca.

Procuradora: Lourdes García Méndez.

Demandado: Marcelino Rubinos Torres.

Procedemento: procedemento ordinario 500/2013.

Vistos por Ana Freire Calvo, xuíza substituta do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Lugo, os presentes autos de xuízo ordinario nº 500/2013-E, seguidos por instancia de María Oliva Pernas Carballés, representada pola procuradora Lourdes García Méndez, baixo a dirección letrada de Apolinar Gómez Roca, contra Marcelino Rubinos Torres, en situación de rebeldía procesual.

Resolvo que, estimando a demanda interposta por María Oliva Pernas Carballés, representada pola procuradora Lourdes García Méndez, baixo a dirección letrada de Apolinar Gómez Roca, contra Marcelino Rubinos Torres, en situación de rebeldía procesual, declaro cancelada a obriga da parte demandante canto ao pagamento do prezo da compravenda privada do 30.3.1995 celebrada entre as partes contendentes. Así mesmo, declaro a demandante, María Oliva Pernas Carballés, como propietaria do terreo referido no feito primeiro da demanda cos dereitos que lle son inherentes desde a data da compra desta, 30 de marzo de 1995; todo iso de conformidade cos fundamentos de dereito contidos nesta sentenza, e condeno o demandado ao pagamento das custas.

Líbrese testemuño desta sentenza e lévese aos autos da súa razón, deixando o orixinal arquivado no libro de sentenzas civís do xulgado. Notifíquese a sentenza ás partes coa advertencia de que non é firme e de que contra ela cabe formular recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial de Lugo, o cal, de conformidade co artigo 458 da LAC, deberá interporse ante este xulgado no prazo de vinte días contados desde o día seguinte á súa notificación.

Así o pronuncio, mando e asino por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente en primeira instancia».

E encontrándose o devandito demandado, Marcelino Rubinos Torres, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma. Dou fe.

Lugo, 8 de maio de 2014

A secretaria xudicial